Novo programa escolar sobre o uso responsable das tecnoloxías e das redes sociais
Un total de 130 centros escolares de toda Galicia acaban de ser seleccionados para participar por primeira vez no programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, co que a Xunta de Galicia dá un paso máis no reforzo da educación dixital responsable.
Esta nova iniciativa, que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades desenvolve por primeira vez este curso ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, ten como finalidade ofrecerlle aos alumnos información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción.
O programa está dirixido a alumnos de 2º, 3º e 4º curso de ESO de centros sostidos con fondos públicos. Para iso, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos centros seleccionados -a razón de 45 da provincia da Coruña, 25 de Lugo, 13 de Ourense e 47 de Pontevedra- levaranse a cabo obradoiros ata finais de curso.
REFORZO DE COMPETENCIAS
O obxectivo principal é capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Para iso, reforzarase a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explicaranse os conceptos de identidade dixital e pegada dixital, e afondarase na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre os rapaces. Tamén se ofrecerán ferramentas e se explicarán recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Este programa forma parte das accións da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que recolle actuacións específicas para unha convivencia dixital responsable. Así mesmo inxírese na Estratexia Educación Dixital 2030, que contempla a preparación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no eido educativo, persoal ou profesional, poñendo á súa disposición os recursos adecuados para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizada, colaborativa e creativa.
Listado de centros seleccionados:
A Coruña:
IES Brión |
Brión |
CEE María Mariño |
A Coruña |
IES Agra do Orzán |
A Coruña |
IES Fernando Wirtz Suárez |
A Coruña |
IES Plurilingüe de Ames |
Ames |
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. del Rosario |
Arzúa |
IES Plurilingüe Castro da Uz |
As Pontes de García Rodríguez |
CPI de Cruz do Sar |
Bergondo |
CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen |
Betanzos |
IES Plurilingüe Pedra da Aguia |
Camariñas |
IES Cabo Ortegal |
Cariño |
IES Lamas de Castelo |
Carnota |
CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo |
Cee |
IES Agra de Raíces |
Cee |
IES Eduardo Blanco Amor |
Culleredo |
IES de Curtis |
Curtis |
CPR Plurilingüe Jesús Maestro |
Ferrol |
IES de Catabois |
Ferrol |
IES Ferrol Vello |
Ferrol |
CPR Ntra. Sra. del Carmen |
Fisterra |
IES Fin do Camiño |
Fisterra |
CPI Plurilingüe Cabo da Area |
Laxe |
IES Urbano Lugrís |
Malpica de Bergantiños |
CPI Plurilingüe Virxe da Cela |
Monfero |
CPR Loyola |
Mugardos |
IES de Mugardos |
Mugardos |
IES As Insuas |
Muros |
IES Terra de Trasancos |
Narón |
IES Fernando Esquío |
Neda |
IES Miraflores |
Oleiros |
IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas |
Oleiros |
IES de Oroso |
Oroso |
IES Poeta Añón |
Outes |
CPR Plurilingüe San José |
Pontedeume |
IES Félix Muriel |
Rianxo |
CPR Plurilingüe La Milagrosa - Josefa Sobrido |
Ribeira |
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús |
Ribeira |
IES O Mosteirón |
Sada |
CEE O Pedroso |
Santiago de Compostela |
CPR Plurilingüe Ntra.Sra. de los Remedios |
Santiago de Compostela |
CPI Pecalama |
Tordoia |
CPI de Bembibre |
Val do Dubra |
CPI Plurilingüe de Vedra |
Vedra |
CPI de Zas |
Zas |
IES Maximino Romero de Lema |
Zas |
Lugo:
IES Plurilingüe Fontem Albei |
A Fonsagrada |
IES Fonmiñá |
A Pastoriza |
IES de Becerreá |
Becerreá |
IES Monte Castelo |
Burela |
IES Perdouro |
Burela |
IES da Terra Chá, José Trapero Pardo |
Castro de Rei |
CPI de Cervantes |
Cervantes |
IES Marqués de Sargadelos |
Cervo |
CPR Plurilingüe Martínez Otero |
Foz |
IES de Foz |
Foz |
CPI Dr. López Suárez |
Friol |
IES Poeta Díaz Castro |
Guitiriz |
CPI Plurilingüe Tino Grandío |
Guntín |
IES Muralla Romana |
Lugo |
IES Xoán Montes |
Lugo |
IES Pedregal de Irimia |
Meira |
CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos |
Monforte de Lemos |
IES A Pinguela |
Monforte de Lemos |
IES Francisco Daviña Rey |
Monforte de Lemos |
CPI Plurilingüe Dr. López Suárez |
O Saviñao |
IES de Quiroga |
Quiroga |
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús |
Ribadeo |
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción |
Sarria |
CPR Plurilingüe La Merced |
Sarria |
IES Vilar Ponte |
Viveiro |
Ourense:
IES Xermán Ancochea Quevedo |
A Pobra de Trives |
CPI Virxe dos Remedios |
Castro Caldelas |
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón |
Celanova |
IES San Mamede |
Maceda |
CPR Plurilingüe Divina Pastora |
O Barco de Valdeorras |
IES Martaguisela |
O Barco de Valdeorras |
CPR Plurilingüe Divino Maestro |
Ourense |
CPR Plurilingüe Santa María |
Ourense |
IES 12 de Outubro |
Ourense |
IES As Lagoas |
Ourense |
IES O Ribeiro |
Ribadavia |
IES Xesús Taboada Chivite |
Verín |
IES Carlos Casares |
Viana do Bolo |
Pontevedra:
CPR Plurilingüe Nuestra Señora de Lourdes |
A Estrada |
IES Nº 1 |
A Estrada |
CPI de Cova Terreña |
Baiona |
CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa |
Bueu |
CPR Plurilingüe Casa de la Virgen |
Cangas |
CPR Plurilingüe Compañía de María |
Cangas |
IES María Soliño |
Cangas |
IES Monte Carrasco |
Cangas |
IES de Cotobade |
Cerdedo-Cotobade |
IES Plurilingüe Terra de Turonio |
Gondomar |
IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Lalín |
IES Mestre Landín |
Marín |
IES de Meaño |
Meaño |
CPI de Mosteiro-Meis |
Meis |
IES As Barxas |
Moaña |
IES Plurilingüe A Paralaia |
Moaña |
CPI de Mondariz |
Mondariz |
CPI Plurilingüe Santa Lucía |
Moraña |
CPR Plurilingüe Lar |
Mos |
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios |
Nigrán |
IES Val Miñor |
Nigrán |
CPI Curros Enríquez |
Pazos de Borbén |
CPR Plurilingüe La Inmaculada |
Ponteareas |
CPR Plurilingüe Santiago Apóstol |
Ponteareas |
CPR Plurilingüe Calasancio |
Pontevedra |
IES Luís Seoane |
Pontevedra |
CPI Domingo Fontán |
Portas |
CPR Plurilingüe Vigo |
Redondela |
CPR Santiago Apostol |
Soutomaior |
CPR Santa María |
Tui |
IES Plurilingüe de Valga |
Valga |
CPR Plurilingüe Andersen Augalonga |
Vigo |
CPR Plurilingüe Compañía de María |
Vigo |
CPR Plurilingüe Don Bosco |
Vigo |
CPR Plurilingüe Losada |
Vigo |
CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza |
Vigo |
CPR Plurilingüe Possumus |
Vigo |
CPR Plurilingüe San Blas - Vista Alegre |
Vigo |
CPR Quiñones de León |
Vigo |
IES A Guía |
Vigo |
IES Álvaro Cunqueiro |
Vigo |
IES Politécnico de Vigo |
Vigo |
IES República Oriental do Uruguai |
Vigo |
IES San Tomé de Freixeiro |
Vigo |
IES Santa Irene |
Vigo |
IES Marco do Camballón |
Vila de Cruces |
IES Faro das Lúas |
Vilanova de Arousa |