Implicar á cidadanía na aposta polo fermosismo

A vicepresidenta segunda visitou esta mañá un muíño privado en Coristanco rehabilitado o ano pasado grazas a unha axuda da Xunta.
A Xunta fai fincapé na importancia de contar coa implicación e o compromiso da cidadanía na súa aposta polo fermosismo co fin de contribuír a poñer en valor, entre todos e como parte dunha responsabilidade compartida, as diferentes formas de paisaxe que conviven en Galicia.

A Xunta fai fincapé na importancia de contar coa implicación e o compromiso da cidadanía na súa aposta polo fermosismo co fin de contribuír a poñer en valor, entre todos e como parte dunha responsabilidade compartida, as diferentes formas de paisaxe que conviven en Galicia.

Así o salientou esta mañá a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao municipio de Coristanco para comprobar in situ o resultado dunha actuación de rehabilitación acometida nun muíño de auga privado e cuxo propietario se beneficiou o ano pasado das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos convocadas polo seu departamento.

Neste sentido, a vicepresidenta segunda subliñou a “gran acollida” coa que recibiu este programa de subvencións a cidadanía galega desde a súa posta en marcha hai tres anos por parte do Instituto de Estudos do Territorio (IET), cun número de solicitudes que foi en aumento con cada nova convocatoria e que reflicte un interese tamén crecente por contribuír ao embelecemento da Comunidade coa execución de pequenas obras e reparacións exteriores pero que teñen un impacto moi positivo sobre a contorna.

Por iso, incidiu na necesidade de poñer en valor a achega que están a facer de cara á preservación e mellora da paisaxe non só as distintas administracións públicas senón tamén os galegos e galegas comprometidos co entorno no que viven a través do coidado exterior das súas vivendas, peches e outro tipo de edificacións.

De feito e tras poñer como exemplo o muíño que visitou hoxe en Coristanco —no que se eliminou o recebado que cubría todas as fachadas exteriores e se renovou por completo o acabado da cuberta coa colocación de tella cerámica—, Ángeles Vázquez explicou que as intervencións que subvenciona a Xunta a propietarios particulares desde o ano 2021 tamén serven para recuperar e poñer en valor elementos de titularidade privada, como este, pero que forman parte á vez do acervo cultural e etnográfico de Galicia polo que o beneficio que se consegue é dobre: individual e colectivo.