IESIDE inicia o seu Exponential MBA

IESIDE, en liña coa anticipación ante os retos dos novos contextos tanto sociais como económicos, presenta a súa renovada proposta académica de posgraduado que dará comezo o vindeiro mércores 14 de outubro. A través dun modelo académico diferencial, adaptable e innovador, que engloba as diferentes etapas da vida profesional, preséntase a primeira edición do novo mestrado oficial en Exponential MBA, no que se unen os contidos propios do MBA coas novas tendencias en tecnoloxías exponenciais. Trátase, en definitiva, do primeiro mestrado oficial exponencial que, ademais, impulsa a estancia de investigación internacional na Nova School of Business and Economics en Liboa.

EXPONENTIAL MBA DE IESIDE

O Exponential MBA de IESIDE, que arrincará na súa primeira edición o 14 de outubro nos campus da Coruña e Vigo de IESIDE, capacita ao estudantado como profesionais á vangarda da xestión e dirección de empresas, aplicando as novas tecnoloxías exponenciais. Esta nova titulación constitúe unha innovadora reformulación das bases do MBA, cuxo porcentaxe de empregabilidade se sitúa no 97 % en menos dun ano e o 84,5 %, en menos dun mes.

O Exponential MBA de IESIDE ten como obxectivo ofrecer aos seus estudantes as máis innovadoras tendencias no marco empresarial. Dado o éxito rotundo das empresas exponenciais na realidade global actual, o instituto universitario amplía a súa oferta de mestrados cunha titulación na que os estudantes aprenderán as claves deste novo modelo de xestión, baseado na aplicación das novas tecnoloxías da información e comunicación e en entender os negocios desde a base dixital. O programa, que se impartirá nos campus da Coruña e Vigo, combinando a presencialidade física coa virtual, está dirixido a estudantes recentemente titulados. O Exponential MBA de IESIDE, o único mestrado oficial universitario de España especializado na xestión exponencial e dixital, combina os coñecementos impartidos no seu MBA cun Certificado Superior en Exponential and Digital Business, axuntando as claves para un liderado empresarial na nova contorna.

O novo programa de IESIDE aborda os desenvolvementos tecnolóxicos clave desta era, desde a intelixencia artificial ou o Big Data e Blockchain, ata a Biotecnoloxía e a Nanotecnoloxía e potencia as competencias dixitais dos estudantes, quen, ademais, poderán poñer en práctica o modelo de xestión exponencial sobre empresas reais. O Exponential MBA compleméntase cunha estancia en Nova School of Business and Economics (NSBE) de Lisboa, unha das 50 mellores escolas do mundo segundo o ranking Executive Education, 2020 do Financial Times. Ten, á súa vez, as «Triple Crown Accreditations» que só a posúen 70 escolas de negocios do mundo. A NSBE é parte da recoñecida Universidade Nova de Portugal. Unha experiencia internacional deseñada para a adquisición de competencias en innovación, creatividade e emprendemento.

Adicionalmente, IESIDE promove un programa de bolsas destinado a apoiar o estudantado, que tamén ten á súa disposición un programa de financiamento de estudos, ABANCA Estuda, deseñado pola primeira entidade financeira de Galicia.