Galicia reduce a mínimos a porcentaxe de alumnado repetidor

Galicia reduce a taxa de alumnado repetidor a mínimos en todas as etapas educativas e sitúase mellor que a media de España tanto en Educación Primaria como en Secundaria e en Bacharelato, segundo constatan os últimos datos estatísticos feitos públicos polo Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2022-23.

Galicia reduce a taxa de alumnado repetidor a mínimos en todas as etapas educativas e sitúase mellor que a media de España tanto en Educación Primaria como en Secundaria e en Bacharelato, segundo constatan os últimos datos estatísticos feitos públicos polo Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2022-23.

Así pois, o sistema educativo galego rexistra as mellores cifras neste eido nos últimos seis cursos, sen contar os da pandemia, onde se flexibilizaron os criterios de promoción por mor do contexto sanitario daquel momento. Ademais, sitúase no grupo de cabeza das comunidades autónomas con menos repetidores.

A evolución máis positiva rexístrase na etapa de Educación Primaria, cunha taxa de repetición do 0,7 % de media en Galicia (a estatal é do 1,1 %). A baixada é especialmente acusada se se compara co curso 2017/18, onde se rexistrou un 2,1 % de repetidores. No que atinxe á posición a nivel estatal, Galicia sitúase na cuarto comunidade autónoma con menos porcentaxe de repetidores, tras ocupar o posto décimo segundo no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

2,1 %

2,4 %

2018/2019

1,9 %

2,4 %

2019/2020

1,9 %

2,3 %

2020/2021

0,7 %

1,2 %

2021/2022

1,9 %

2,1 %

2022/2023

0,7 %

1,1 %

En Educación Secundaria tamén se constata unha dinámica positiva cunha redución de 3,7 puntos en seis cursos, ao pasar dos 10,2 % de repetidores no curso 2017/18 ao 6,5 % no curso 2022/23. Esta cifra tamén é mais baixa ca media estatal, que se sitúa no 7 %.

As porcentaxes á baixa de repetidores confírmanse en todos os cursos da ESO, sendo menor no caso de 4º de ESO, onde repetiron o 5,7 % dos estudantes, un punto porcentual máis baixo que o 6,7 % de media estatal neste curso.

En canto á posición entre comunidades, ocupa o sétimo posto con menor porcentaxe de repetidores, cunha baixada significativa desde o posto décimo no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

10,2 %

9,5 %

2018/2019

8,9 %

8,7 %

2019/2020

8,7 %

8,5 %

2020/2021

2,5 %

4,2 %

2021/2022

7,8 %

7,6 %

2022/2023

6,5 %

7,0 %

     

Na etapa de Bacharelato, a taxa de repetición en Galicia sitúase no 4,4 % fronte ao 5,9 % de España. Isto supón unha baixada de 3,6 puntos con respecto ao 2017/18. Maila citada baixada, no ránking entre comunidades permanece estable no posto catro, igual que no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

8,0 %

9,3 %

2018/2019

6,5 %

8,3 %

2019/2020

6,4 %

8,0 %

2020/2021

1,2 %

3,4 %

2021/2022

5,3 %

6,9 %

2022/2023

4,4 %

5,9 %

     
PROGRAMAS DE APOIO

Ciencia, Universidades e Formación Profesional está en marcha un amplo abano de accións específicas dirixidas ao reforzo das competencias académicas e, deste xeito, aumentar o éxito escolar, como así confirman as últimas estatísticas do Ministerio de Educación. Nesta liña cómpre mencionar o Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo PROA+, dirixido ao alumnado máis vulnerable para axudalo a superar dificultades específicas de aprendizaxe. Cun orzamento de máis de 6,4 M€, a través deste programa dotouse de 386 docentes extra a 362 centros educativos e beneficiou a 9.050 alumnos.

A Consellería tamén puxo en marcha a Rede de acompañamento e orientación persoal e fa miliar de Galicia, RAOGAL, un programa de apoio educativo que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2021/22 e que a día de hoxe duplicou recursos coa disposición de 71 docentes responsables que exercen de coordinadores dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades, con especial atención aos que están en risco de abandono escolar, absentista e con dificultades de aprendizaxe.

Outro dos aspectos nos que máis se incide é no ámbito da atención á diversidade como un elemento clave para garantir a educación inclusiva nas primeiras etapas educativas. A este reto responde o programa Acompaña, dirixido á etapa de Educación Infantil e os dous primeiros ciclos de Educación Primaria, dotado con 2,1 M€ e que este curso conta con 86 profesores e chega a máis de 2.000 alumnos.