Galicia e Castela e León queren apostar xuntas polo emprendemento para apoiar o retorno de galegos e casteláns do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o seu homólogo na Junta de Castilla y León, Fernando Rubio, mantiveron unha reunión de traballo.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo nas últimas horas co director de Acción Exterior do Goberno de Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, co obxectivo de centrar accións conxuntas de apoio ao retorno en ambas comunidades autónomas.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo nas últimas horas co director de Acción Exterior do Goberno de Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, co obxectivo de centrar accións conxuntas de apoio ao retorno en ambas comunidades autónomas.

Durante este encontro, analizouse a posibilidade dunha colaboración conxunta neste ámbito, ligada a proxectos emprendedores postos en marcha por cidadáns de ambas comunidades autónomas que aposten polo regreso tanto a Galicia como a Castela e León.

Neste ámbito, tamén se interesou o director xeral de Acción Exterior do Goberno castelanleonés, polo funcionamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2020 e que ten coma obxectivo informar e axudar aos galegos que desexan volver a Galicia. O obxectivo sería analizar a viabilidade deste mesmo proxecto en Castela e León, de cara a dar orientación xurídica, tributaria e laboral a quen a necesita no seu camiño de regreso a súa terra de orixe.

Co gallo de aumentar a información ás persoas interesadas neste ámbito así como nas axudas a galegos e castelanleoneses no exterior, tamén de decidiu instalar o enlace de cada unha das web dos dous organismos oficiais, de xeito que se poida acceder a elas entrando tanto en https://emigracion.xunta.gal/es/comunidad-ga coma en https://www.jcyl.es/web/es/administracionpublica/ciudadania-castellana-leonesa-exterior.html.

Durante o encontro tamén se puxo sobre a mesa o interese de Castela e León pola iniciativa dos centros galegos promotores do Camiño de Santiago que desenvolve a Xunta de Galicia e que ten coma obxectivo que os centros do exterior poidan converterse en focos de promoción do Camiño, idea que pode ser interesante para a comunidade autónoma veciña dado o peso que para Castela e León ten o Camiño Francés e a Vía da Prata.

Finalmente, Rodríguez Miranda invitou formalmente a Rubio Ballestero ao Consello de Comunidades Galegas que se celebrará en Ourense o 21 e 22 de setembo, emprazando tamén o director de Acción Exterior do Goberno de Castela e León ao secretario xeral da Emigración ao encontro de comunidades castellanoleonesas que se desenvolverá en outubro en Salamanca.