Gala do Ribeiro

O xornalista e escritor Manuel Juliá, distinguido este ano como ‘Persoeiro de honra’ polo CRDO Ribeiro.

O coñecido escritor e xornalista Manuel Juliá, director da Feira Nacional de Viño (FENAVIN) desde o ano 2000, foi distinguido este ano polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, que preside Juan Manuel Casares Gándara, como Persoeiro de Honra, un recoñecemento que recollerá o próximo día 28 de xuño durante a XII edición da gala de entrega dos Premios D.O. Ribeiro, que na súa XII edición celebraranse no restaurante A Carballeira de Santa Cruz, na localidade ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo, co lema Un proxecto para as persoas.

O coñecido escritor e xornalista Manuel Juliá, director da Feira Nacional de Viño (FENAVIN) desde o ano 2000, foi distinguido este ano polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, que preside Juan Manuel Casares Gándara, como Persoeiro de Honra, un recoñecemento que recollerá o próximo día 28 de xuño durante a XII edición da gala de entrega dos Premios D.O. Ribeiro, que na súa XII edición celebraranse no restaurante A Carballeira de Santa Cruz, na localidade ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo, co lema Un proxecto para as persoas.

Manuel Juliá, que actualmente compaxina o seu labor xornalístico e literario coa dirección da Feira Nacional do Viño, será galardoado precisamente polo seu labor á fronte de FENAVIN tal e como explicou Juan Manuel Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro. “Grazas ao seu traballo”, dixo, “FENAVIN  foi capaz de posicionarse, non só como a feira de viño máis importante do estado español, senón tamén como o escaparate perfecto para mostrar toda a riqueza e variedade deste sector”.

Ademais, Casares tamén destacou as outras facetas do galardoado, sinalando que “se analizamos a súa actividade, descubriremos unha personalidade poliédrica presidida por unha gran coherencia de vida baseada na creatividade e nunha enorme capacidade para plasmala nun papel”.

Juliá súmase así á lista doutros Persoeiros de Honra da DO Ribeiro que lle precederon como Alfonso Sánchez Izquierdo, Manuel Villanueva, Luis Paadin, Paradores, César Lumbreras, Sarah Jane Evans, Cristino Álvarez, los restaurantes gallegos con Estrella Michelin, Josep Roca, Paco Rego, José Luis Hernáez Mañas

LITERATURA, XORNALISMO E VIÑO

 Columnista do grupo de xornais de PROMECAL (grupo de xornais de Castela e León, Castela A Mancha e Rioxa) e do diario Marca, onde todas as semanas escribe unha sección na que envorca a súa visión literaria do deporte, Manuel Juliá é tamén colaborador habitual de Mediaset  España e puxo en marcha varios proxectos de televisión, entre eles a serie de documentais España mira a la Meca ou Quijotes del Siglo XXI,  ademais de contar cunha exitosa carreira literaria como autor de poesía e prosa, fundar a Biblioteca de Autores Manchegos e recibido o Premio Nacional Clarín de Contos.

No ano 2000 asumiu a dirección de FENAVIN, considerada a feira monográfica do viño máis importante de España, e cuxa XII edición celebrouse o pasado mes de maio coa participación de viños de 1.921 adegas, reunindo a máis de 19.000 compradores procedentes de 100 países.

Un éxito incontestable para unha feira dirixida a profesionais da industria vitivinícola que mostrou deste xeito a súa consolidación como o mellor evento do viño español do mundo e que está xa preparando a súa próxima edición de 2025.

XII GALA DO RIBEIRO

 A gala do Ribeiro, un dos eventos máis importantes da estratexia de promoción da DO, celebrarase o 28 de xuño, ás 19.30 horas, coa entrega de premios a diferentes iniciativas e profesionais destacados do sector en recoñecemento ao seu labor de difusión destes viños.

Así, xunto a Manuel Juliá, distinguido como Persoeiro de Honra, entregaranse os galardóns Muller e Viño, Ribeiro en Nós, Mellor Tarefa de Comunicación, Vida entre Vides, Mellor Servizo en Restaurante, Mellor Vinoteca-Tenda Especializada, e Mellor Taberna-Bar de Viños, que se darán a coñecer nos próximos días. Ademais, tamén se entregarán os premios aos viños gañadores da Cata Oficial, que se descubrirán durante o transcurso da gala, que este ano volve ter como escenario o seu lugar de orixe, a enocomarca do Ribeiro.