Festa da Merenda enche a área recreativa de Frades

Para colaborar coa asociación podíase mercar un pano.
Ademais das merendas, volveron os inchables e os camións de comida, así como dúas pulperías que estiveron todo o tempo ata os topes.

O final o tempo acompañou a decimo quinta edición da Festa da Merenda e non choveu nin o sábado  nin o domingo. Isto permitiu que todas as parcelas da área recreativa de Frades, Ordes, fosen ocupadas por grupos de amigos, peñas e familias chegadas non so da comarca de Ordes, senón tamén de concellos como Val Do Dubra, Melide, Mazaricos, Carral…

A afluencia de xente foi das mellores que se lle recorda á Festa da Merenda. E, a pesar de que este ano había habilitadas dúas parcelas a maiores para aparcar, en torno ás 14.00 horas houbo bastantes colas e houbo moita xente que preferíu aparcar na cotorna da Igrexa e baixar ata a área recreativa (algo máis dun km que baixar, báixase ben… a ver a quen lle toca pola tarde ir buscar o coche).

As cociñeiras traballando en quendas e con dúas filas para recoller as merendas gratuítas.

As cociñeiras traballando en quendas e con dúas filas para recoller as merendas gratuítas (as fotos na barra son do sitio onde se collían as merendas gratis e se pagaban as merendas para levar: 1 por 3 euros e 2 por 5 euros). A maiores, para colaborar coa asociación podíase mercar un pano (1 euro) e 3 euros polo aparcamento. As cociñeiras ían coa máscara, así como gran parte da poboación maior (de 60 para arriba, cousa que entre a mocidade non se veían apenas).

Collíanse na barra as merendas gratis e se pagaban as merendas para levar: 1 por 3 euros e 2 por 5 euros.

Ademais das merendas, volveron os inchables e os camións de comida, así como dúas pulperías que estiveron todo o tempo ata os topes.

A partir das 18.00 comezaba a verbena con Tania Veiras e París de Noia.