'Expolugo A Rural'

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou na inauguración deste evento, que se celebra ao longo da fin de semana no Pazo de feiras e congresos da cidade das murallas.
Balseiros, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da mostra agrogandeira “Expolugo A Rural”, que se desenvolve durante esta fin de semana na capital luguesa.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da mostra agrogandeira “Expolugo A Rural”, que se desenvolve durante esta fin de semana na capital luguesa. Neste acto, o representante da Consellería do Medio Rural reafirmou a aposta da Xunta pola riqueza gandeira de Galicia en xeral e polas súas razas autóctonas en particular.

Ademais, dentro deste foro o director xeral participou tamén na exposición e concurso de gando vacún selecto de raza Rubia Galega, así como na entrega de diplomas de xuíces gandeiros, organizado pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga). Cabe lembrar neste punto o convenio de 570.000 euros asinado entre a Xunta e Acruga no ano 2019 -e vixente ata este 2022- co gallo de impulsar a consolidación e diversificación da raza Rubia Galega.