Expoconvento, feira para adquirir produtos artesanais
08 de diciembre de 2023 (00:51 h.)
A feira Expoconvento que este ano celebra a súa XIII edición e que ten lugar do 5 ao 10 de decembro na igrexa dos Pais Capuchinos de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a feira Expoconvento que este ano celebra a súa XIII edición e que ten lugar do 5 ao 10 de decembro na igrexa dos Pais Capuchinos de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Na visita estivo acompañado por Francisco Javier Mosquera, director de Expoconvento.
Trenor destacou que nunhas datas tan sinaladas é unha oportunidade única poder adquirir doces de dos conventos máis importantes de toda España.
O delegado da Xunta animou a todos a asistir a esta feira que ofrece a posibilidade de sacar fora dos muros dos conventos a repostería e as receitas centenarias das monxas de todo o país preparadas de forma artesanal para vender nestas datas festivas.