El Estado concede a Galicia preto de 500.000 euros procedentes do narcotráfico para a prevención e atención a drogodependentes

 
A Delegación do Goberno en Galicia informa da concesión á Xunta de Galicia de 498.500 euros dos fondos procedentes do comisos de narcotráfico para programas relacionados coa prevención do consumo de drogas e atención a drogodependentes.

O Boletín Oficial do Estado vén de publicar o convenio asinado pola  Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas (Ministerio de Sanidade) e a Xunta de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo a este fondo.

MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS ESTE ANOCon cargo aos orzamentos xerais e previa aprobación da  Conferencia Sectorial do Plan Nacional sobre Drogas e do Consello de Ministros. Con estas achegas  apóianse as actuacións relacionadas cos programas autonómicos   derivados   do  Plan  Nacional; programas de prevención de drogas e outras  adiccións; a achega de información ao Observatorio Español das Drogas e as Adiccións e os programas de rehabilitación-reinserción de toxicómanos con problemas xurídico-penais. Neste concepto a Xunta recibiu este ano 576.767,86 euros.

MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS ESTE ANO

 Coa distribución de  créditos  do  Fondo de bens comisados  por tráfico ilícito  de drogas  e  outros  delitos  relacionados. Con estes fondos, que se reparten segundo criterios aprobados polo Consello de Miunistros,  fináncianse  programas propostos polas Comunidades Autónomas mediante a subscrición de senllos convenios de colaboración con cada unha delas. É o convenio publicado esta semana no BOE.

BENS COMISADOS

O Fondo de Bens Comisados, regulado pola Lei 17/2003, do 29 de maio, está integrado polos bens, efectos e instrumentos comisados por sentenza firme en procesos por narcotráfico e outros delitos relacionados.
O produto destes bens está destinado a intensificar as actuacións de prevención, investigación, persecución e represión estes delitos, prevención de  toxicomanías, asistencia e inserción social e laboral de drogodependentes e cooperación internacional na materia, sendo beneficiarios das cantidades integrantes do Fondo as Comunidades Autónomas, Corporacións Locais, Organizacións non gobernamentais ou entidades privadas sen ánimo de lucro, entre outros.