A DO Monterrei mantén un ritmo de crecemento constante con máis de 6,4 millóns de quilos recollidos nesta vendima
22 de octubre de 2022 (21:03 h.)
O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu este mediodía á I Festa da vendima na vila de Monterrei, onde destacou que esta denominación de orixe mantén dende hai anos un ritmo de crecemento constante,
O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu este mediodía á I Festa da vendima na vila de Monterrei, onde destacou que esta denominación de orixe mantén dende hai anos un ritmo de crecemento constante, acadando na vendima deste ano máis de 6,4 millóns de quilos de uvas recollidos.
O titular de Medio salientou tamén que o prestixio dos viños galegos fan da nosa comunidade un referente dentro do sector vitivinícola español e internacional, exportando os seus viños a máis de 80 países de todo o mundo. Así mesmo, incidiu que este prestixio, ademais de pola calidade dos viños, tamén se debe á importante progresión na modernización do sector vitivinícola, en particular na comercialización e na súa internacionalización.