A DGT comezá en Galicia unha campaña de control e vixilancia do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil
A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará desde mañá, luns 11 de marzo, unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do Cinto de Seguridade e Retención Infantil (SRI), que se estenderá ata o próximo domingo 17 de marzo. A Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías municipais daqueles concellos que se sumen á iniciativa, levarán a cabo estes controis.
O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e SRI. Segundo os últimos datos da DGT, en Galicia o 51% das persoas que faleceron en accidentes de tráfico en turismos ou furgonetas no 2023 non facían uso do cinto. Na provincia da Coruña elévase ao 57% esta porcentaxe.
Estes datos son especialmente preocupantes xa que o uso do cinto reduce á metade o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77% en caso de envorcar do vehículo. A capacidade de protección do cinto é igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que viaxen nos asentos dianteiros, e tamén nos asentos traseiros.
A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.
CAMPAÑA DO ANO PASADO
Na mesma campaña do ano pasado controláronse 68.016 turismos en Galicia dos cales 931 foron denunciados. En total dos 76.755 vehículos controlados (autobuses, turismos, taxis e de mercancías), 1.096 resultaron infractores.
TURISMOS |
||
Unidade |
Controlados |
Denunciados |
PM sector |
10.692 |
78 |
A Coruña |
17.856 |
308 |
Lugo |
22.757 |
331 |
Ourense |
9.918 |
94 |
Pontevedra |
6.793 |
120 |
Total |
68.016 |
931 |
TOTAL |
||
Unidade |
Controlados |
Denunciados |
PM sector |
11.979 |
112 |
A Coruña |
21.270 |
372 |
Lugo |
24.044 |
371 |
Ourense |
11.343 |
106 |
Pontevedra |
8.139 |
135 |
Total |
76.775 |
1.096 |