Darío Villanueva falará da pegada do Camiño de Santiago nas persoas e en Europa
Darío Villanueva, exdirector da Real Academia Española de la Lengua, ofrecerá o vindeiro 26 de abril a conferencia-coloquio 'Camiño de Santiago: Pegada do Camiño nas persoas e en Europa', enmarcada no Seminario “A maxia das rutas de Compostela”, que organiza a Asociación de Periodistas de Galicia (APG) coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
A sesión, que terá lugar na sede de Abanca no Edificio Cervantes, será inaugurada ás 19,30 horas polo alcalde compostelán, José Sánchez Bugallo, que dará paso á conferencia-coloquio de Darío Villanueva, comisario da exposición “Xacobeo, las huellas del camino", que estivo na Biblioteca Nacional de España, quen conversará con Aida Pena, directora de Informativos da Cadena Ser Galicia.
A seguir, a partir das 20,00 horas, desenvolverase un obradoiro-coloquio titulado “Experiencias sobre a marcha dun Camiño imperecedoiro”, moderado por Eva Millán, xefa de Programas de RadioVoz Galicia, no que intervirán tres profesionais con una ampla e intensa experiencia literaria e viaxeira ás súas costas. Trátase de Francisco Contreras Gil, documentalista, xornalista e escritor, autor de “La Guía Mágica del Camino de Santiago”; Carlos Olmo Bosco, viaxeiro profesional, autor dos blogs “vagamundos,com” e “caminoasantiago.com”; e José G. Barral Sánchez, escritor, gañador do II Premio de Novela Camiño de Santiago (Academia Xacobea e Galaxia) pola súa obra “Cruzados por el Camino. Conjeturas compostelanas sobre un Papa atribulado”.
A sesión, que é de acceso libre para o público, rematará cun coloquio aberto á participación dos asistentes.