Un curso de cociña gratuíta para xoves
O Centro Superior de Hostelería de Galicia, en colaboración co Centro Británico, levará a cabo este mes de xullo un curso para que os xoves melloren o seu nivel de inglés e aprendan a cociña. O curso está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 18 anos con nivel B1+ ou superior, e desenvolverase na sede do CSHG en Santiago durante o mes de xullo sen ningún custe.
O prazo de inscrición xa está aberto ata o 23 de xuño, polo que aqueles mozos interesados no sector turístico e da restauración cun nivel mínimo de B1+ xa poden poñerse en contacto co Centro Británico para avaliar o seu nivel. As prazas son limitadas, polo que farase unha selección por rigorosa orde de solicitude e nivel.
O curso desenvolverase do 3 ao 31 de xullo, podendo asistir durante todo o mes ou quincenal, do 3 ao 14 de xullo, ou do 17 ao 31 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas, os mozos terán 2 horas de clases de inglés e 2 horas de cociña. O curso proporcionará os fundamentos básicos de cociña para a elaboración de receitas sinxelas e saudables. Consistirá en sesións interactivas nas que os participantes, ademais de cociñar, degustarán produtos locais, coñecendo a cociña de tempada.
Esta colaboración entre o Centro Superior de Hostelería de Galicia e o Centro Británico, é unha mostra máis da frutífera relación que existe entre ambos dende o ano 2017 no que comezaron a colaboración con diversos obradoiros de cociña e cursos de inglés.