Chantada promociona os seus viños
12 de marzo de 2023 (22:43 h.)
Rueda sitúa o sector vitivinícola galego como un dos piares no desenvolvemento da economía da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mediodía a XL edición da Feira do Viño de Chantada, unha cita clave no calendario vitivinícola galego.
Nun acto no que estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, o titular do Goberno galego participou na entrega dos obsequios conmemorativos ás adegas participantes e realizou un percorrido polos seus stands. Rueda gabou a importancia do evento para a promoción dun produto de calidade e dun sector fundamental no desenvolvemento da economía galega.