Axudas para certames de gando bovino selecto organizados polos concellos galegos, dotada cun total de 200.000 €

A participación do gando de razas puras nos certames é un compoñente primordial dos programas de difusión da mellora que con carácter xeral teñen que desenvolver as asociacións de criadores de gando de raza pura.Centro de Capacitacion Agraria de Sergude. ARQUIVO.
Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que establece as bases reguladoras das axudas para a celebración de certames de gando bovino selecto, de maneira que os concellos organizadores deste tipo de eventos poidan facer fronte aos gastos correntes derivados dos mesmos. A orde está dotada cun orzamento de 200.000 euros e o seu obxectivo inmediato é a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia.

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que establece as bases reguladoras das axudas para a celebración de certames de gando bovino selecto, de maneira que os concellos organizadores deste tipo de eventos poidan facer fronte aos gastos correntes derivados dos mesmos. A orde está dotada cun orzamento de 200.000 euros e o seu obxectivo inmediato é a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia.

As finalidades que se perseguen son, tamén, facilitar un aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros, promover a modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal e mellorar a eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións. Procúrase, así mesmo, unha optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles, apoiar os elementos de identidade cultural relacionados coas razas gandeiras e incidir positivamente na formación de novos gandeiros e gandeiras.

A maiores, considérase que fomentar e potenciar a celebración de certames de gando selecto a realizar en diferentes puntos da xeografía galega, onde as ganderías participantes poidan expoñer con distintos fins os animais selectos, supón un incentivo para a recría de animais selectos en Galicia, facilitando o seu coñecemento para o resto das ganderías, ademais de posibilitar a súa comercialización e supoñer un estímulo para a mellora gandeira.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

As axudas subvencionarán, entre outras, actuacións como a selección e preparación dos animais previas ao evento, así como o seu manexo, estabulación e alimentación durante a celebración do certame. Tamén se apoiará o transporte dos animais para o certame, os gastos derivados do acondicionamento do recinto, os administrativos de xestión, os custos publicitarios e o material de promoción, así como os gastos de mantemento, seguridade, limpeza, seguros e outros. Ademais, como novidade nesta convocatoria, aumentouse o número máximo de certames subvencionables a celebrar por concello, pasando de dous a tres. 

Os certames gandeiros son concentracións de animais que teñen como finalidades a exposición para a súa exhibición, a participación nun concurso, a venda e comercialización ou ben unha combinación das anteriores.

A participación do gando de razas puras nos certames é un compoñente primordial dos programas de difusión da mellora que con carácter xeral teñen que desenvolver as asociacións de criadores de gando de raza pura. Así mesmo, os certames de gando selecto son o marco idóneo para fomentar o coñecemento das razas gandeiras por medio da súa promoción, contribuíndo desta maneira na identificación dos elementos de identidade cultural relacionados con estas razas.

 

Ligazón á orde no DOG