A próxima PAC vai reducir os orzamentos aínda que prevese que se manteñan as subvencións a razas autóctonas
A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) celebrou esta mañá no salón de actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a súa III Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, a cal superou os 140 inscritos este ano.
Dende a organización amosáronse moi
satisfeitos co volume de asistentes desta edición, que superou amplamente
as de anos anteriores, e sinalaron este feito como proba de que a raza esperta un
interese cada vez maior, tanto entre os gandeiros como entre os consumidores.
Na inauguración, na que participaron José Barreira Alonso (presidente de
Asoporcel), Lara Méndez López (alcaldesa de Lugo), José Tomé Roca (presidente
da Deputación de Lugo), Mª Isabel
Rodríguez López (subdelegada do Goberno en Lugo) e José Manuel Balseiro Orol
(delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo), valorouse moi positivamente o traballo
que se desenvolve dende Asoporcel para defender e promover a raza porcina
celta. Así mesmo, os representantes de
todas as administracións presentes ratificaron a súa intención de seguir
apoiando a esta raza como o fixeron ata o de agora e incidiron no importante
papel que xoga á hora de recuperar a biodiversidade, xerar emprego e fixar
poboación no rural.
POSTA EN MARCHA DUNHA
EXPLOTACIÓN
A primeira intervención, a cargo da técnica veterinaria de Asoporcel Cruz Castro, centrouse nos puntos
fundamentais a ter en conta á hora de comezar unha granxa de Porco Celta, entre
os que destacaron as condicións que debe cumprir a finca na que o produtor
queira ter os animais (é fundamental garantir o acceso a auga, así como coidar
as condición de hixiene e que conten cun lugar recollido) e as normas que
deberá respectar no que se refire ao Programa de Conservación da Raza co
obxectivo de manter a súa pureza.
AXUDAS DISPOÑIBLES PARA PRODUCIÓN, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
Fernando López, xefe de Servizo
Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), da Consellería do
Medio Rural, expuxo aos asistentes as axudas dispoñibles para este tipo de explotacións
de razas autóctonas que se ofertan tanto dende o FOGGA como dende a Xunta e o
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. López sinalou tamén que, malia
que as perspectivas de cara á próxima PAC son que se reduzan os orzamentos
entre un 5 e un 10 %, prevese que se manteñan as subvencións a razas
autóctonas, e engadiu que “o feito de que o país vaia recibir un menor orzamento
non quere dicir que os agricultores galegos cobren máis ou menos. Iso vaise
decidir despois, a nivel nacional”.

AXUDAS DISPOÑIBLES PARA
PRODUCIÓN, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN

Tamén na súa quenda Rafael Pérez,
xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Xefatura
Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, volveu sobre a temática das
axudas e, ademais de comentar as normativas sobre comercialización e
transformación da raza Porco Celta, falou das condicións que se deben cumprir
para acceder a subvencións deste tipo, poñendo o foco nas limitacións que se
establecen ao respecto.
A BIOSEGURIDADE NAS
GRANXAS EN EXTENSIVO
O veterinario coordinador da Área de Sanidade Animal de Interporc Jordi Baliellas abordou na súa
intervención o papel da bioseguridade en granxas de cría extensiva ante as
ameazas sanitarias actuais, aludindo especialmente a enfermidades como a peste
porcina, a brucelose e a enfermidade de Aujeszky. Así mesmo, Baliellas incidiu
no papel que xoga no acceso das enfermidades a unha granxa a fauna salvaxe e
destacou que “o xabaril pode ser portador de todas as enfermidades que afectan
ao porcino”.
Entre os puntos fundamentais do seu relatorio, destacaron a necesidade de
reducir a cabana de xabarís, establecer un valado eficaz, levar a cabo unha
caza biosegura (roupa e calzado axeitados e correcta xestión das vísceras)
alimentar con produtos coa máxima garantía sanitaria, evitar a entrada de
materiais con risco de estar contaminados e reservar roupa e calzado en
exclusiva para o manexo dos animais.
, e engadiu que “o feito de que o país vaia recibir un menor orzamento non quere dicir que os agricultores galegos cobren máis ou menos. Iso vaise decidir despois, a nivel nacional”.