26 novos centros públicos incorporanse ao Plan de mellora de bibliotecas escolares
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21. A través dela, incorpóranse a este programa un total de 26 centros públicos, que se relacionan na seguinte táboa:
Provincia Concello Centro A Coruña Abegondo IES de Viós A Coruña Boiro IES Espiñeira A Coruña Boiro IES Plurilingüe A Cachada A Coruña Carral IES de Carral A Coruña Coruña, A CEIP Eusebio da Guarda A Coruña Coruña, A CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma A Coruña Laracha, A CEIP Ramón Otero Pedrayo A Coruña Santiago de Compostela CEE A Barcia A Coruña Toques CEIP Plurilingüe de Toques Lugo Barreiros CEIP San Miguel de Reinante Barreiros Lugo Cervantes CPI de Cervantes Lugo Chantada CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla Lugo Monforte de Lemos EOI de Monforte de Lemos Ourense Amoeiro CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo Ourense Nogueira de Ramuín CEIP Plurilingüe de Luíntra Ourense Ourense CEIP Curros Enríquez Ourense Ourense CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB Ourense Ourense IES Universidade Laboral Pontevedra Marín CEIP de Ardán Pontevedra Marín IES Chan do Monte Pontevedra Neves, As CEIP Marquesa do Pazo da Mercé Pontevedra Oia CEIP de Refoxos Pontevedra Ponte Caldelas CEIP Plurilingüe A Reigosa Pontevedra Salceda de Caselas CRA Raíña Aragonta Pontevedra Salvaterra de Miño CRA A Lagoa Pontevedra Vilagarcía de Arousa EOI de Vilagarcía
En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos.
FONDOS
A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700 €. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.
Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.
Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.