24 concellos galegos reciben a Bandeira Verde en 2024 polo seu compromiso co medio ambiente

La conselleira de Medio Ambiente y Cambio Climático participó en el izado de las banderas verdes de Boiro y Porto do Son.
24 ayuntamientos gallegos han sido galardonados con la Bandeira Verde en 2024 por su compromiso con el medio ambiente y el paisaje, un 33% más que el año anterior. Porto do Son destaca por recibir este reconocimiento por quinto año consecutivo, siendo el único municipio en lograrlo desde la primera edición.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o compromiso co coidado da paisaxe e co medio ambiente demostrado polos 24 concellos recoñecidos coa Bandeira Verde de Galicia na convocatoria de 2024.

A conselleira salientou que cada vez son máis os municipios que aspiran e conseguen este recoñecemento. O ano pasado, o Goberno galego, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), recibiu un número récord de solicitudes e concedeu 24 galardóns, un 33% máis que o ano anterior e a cifra máis alta desde a primeira edición.

Durante o acto de izado da bandeira verde en Porto do Son, Vázquez subliñou a importancia deste programa pola visibilidade que lles outorga como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a contorna paisaxística; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de maneira responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.

No caso concreto de Porto do Son, Ángeles Vázquez destacou que este é o quinto ano consecutivo que recibe o galardón e que, de feito, é o único municipio de toda Galicia que mantén este distintivo de forma ininterrompida desde a primeira edición. A responsable autonómica puxo en valor o traballo realizado polo Goberno local nestes anos en favor da ordenación do territorio e da conservación e protección da paisaxe e do medio ambiente, con intervencións urbanas que achegan valor aos espazos públicos municipais, respectando sempre a identidade desta vila mariñeira. Ademais, de cara a este ano, o Concello de Porto do Son ten previsto desenvolver tamén accións dirixidas a promover entre a cidadanía este mesmo compromiso cun territorio sostible e resiliente ao cambio climático.

Outro dos concellos distinguidos en 2024 é Boiro, ao que se desprazou tamén a conselleira esta mañá para izar a súa bandeira verde. Este municipio, segundo explicou, recibiu o distintivo por primeira vez e ademais das accións vinculadas coa xestión de residuos e a habitabilidade, destacou o seu interese por conectar os núcleos rurais interiores coas zonas litorais máis poboadas, polo que desenvolverá un Plan de Mobilidade Urbana Sostible con corredores verdes e carrís bici, que á súa vez contribuirán a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Por último, Ángeles Vázquez considerou que os dous municipios coruñeses son un exemplo a seguir para o resto e tamén para a súa veciñanza porque, resaltou, aplicar medidas de aforro enerxético, facilitar a reciclaxe ou implantar proxectos de respecto á contorna natural é unha maneira de convidar á cidadanía a facelo. Así mesmo, animou aos concellos a optar a este recoñecemento na próxima convocatoria e engadiu que a súa concesión supón un mérito adicional para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas para construír e mellorar puntos limpos fixos, instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.