233 centros de ensino da provincia de Pontevedra participan no Proxecta
A
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver
a convocatoria do Plan Proxecta para o actual curso 2019/20, no que
participarán un total de 233 centros de ensino da provincia de Pontevedra. Ao
seu abeiro, 64.430 alumnos
xunto con 3485 profesores desenvolverán 425 proxectos diferentes nalgún dos 44
programas que compoñen esta iniciativa.
Na provincia de Pontevedra, os programas nos que participan un maior número de centros son PDC (proxecto deportivo de centro. Centros activos e saudables), con 126 centros participantes; Aliméntate ben, con 49; e Proxecto Ríos, con 24. Séguenlle Meteoescolas, con 22 centros e Donas de si, con 19. No programa Proxecto Terra serán 15 os centros participantes, en Por 365 días de respecto e igualdade serán 14 e en Recíclate con Sogama serán 13 centros. Pode obterse información sobre os 44 programas no portal educativo, neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
No
conxunto de Galicia participarán no Proxecta 579 centros de ensino (un 6,83%
máis que o ano pasado), nos que preto de 148.000 alumnos (un 7,46 máis ca no
curso anterior) e máis de 8.200 docentes
desenvolverán un total de 1.070 proxectos. No curso 2018/19 participaron no
Plan Proxecta 542 centros de ensino, preto de 138.000 alumnos e máis de 8000
profesores.
A relación de centros que desenvolven cada programa pode consultarse no portal web da Consellería, no enderezo electrónico: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/29690
PROGRAMAS OFERTADOS
O
Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a
fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que
desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos
transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Neste
curso ofertáronse un total de 44 programas diferentes, relacionados cos ámbitos
da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a
lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento
sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a
interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a creación
audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a
mobilidade, entre outros.
Dos
44 programas incluídos na convocatoria deste ano, 40 xa estaban en
funcionamento o curso pasado e catro entraron a formar forma parte no Plan
Proxecta este curso 2019/20: “De Ítaca a Ávalon”, unha nova iniciativa no
ámbito da coeducación, “Escola verde” que persegue o fomento de actitudes
responsables co medio ambiente na comunidade escolar, “Pasaporte solidario”
relacionado coa promoción do voluntariado e “Cidadanía dixital” que pretende
contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa
O
feito de acoller a devandita variedade de programas baixo o Plan Proxecta
establece un marco xeral de colaboración para traballar neste eido dun xeito
estruturado, de tal forma que se contribúe a fixar uns criterios metodolóxicos
e organizativos comúns, a establecer pautas compartidas en relación ao
recoñecemento do traballos do profesorado nestes proxectos e a ofrecerlles aos centros
e aos docentes a posibilidade de incluír dentro da súa planificación anual e
programacións a participación neste tipo de iniciativas.
O
obxectivo último deste plan é avanzar nas dinámicas de mellora da calidade
educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas
externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do
alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos
destes plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que
poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio
centro en que se orixina como para o resto da comunidade educativa galega.