13,6 millóns de euros para achegar a banda ancha de última xeración a 56.159 fogares e empresas do rural de Galicia

O delegado del Goberno en Galicia, Javier Losada, anuncia que o Goberno apoiará con 13.608.088 euros a chegada de banda ancha de última xeración a 56.159 fogares e empresas de zonas rurais de Galicia que ata o de agora non tiñan acceso a esta tecnoloxía. Estas cifras corresponden ás axudas que acaba de conceder o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dentro da convocatoria 2020 do Programa Peba e diríxense a operadores privados de telecomunicacións para que estendan a cobertura de banda ancha de nova xeración a núcleos sen cobertura actual e a zonas con conexión de baixa velocidade. No caso de Galicia os proxectos empregarán como tecnoloxía a fibra ata o fogar ou FTTH (acrónimo da denominación inglesa fiber to the home) e suporán investimentos totais por valor de 17.286.066 euros sobre o territorio.
 
Javier Losada pon en valor este investimento na época actual, cando a pandemia da COVID-19 puxo de manifesto a necesidade de contar con boas conexións dixitais. O confinamento da poboación e as limitacións na atención presencial en empresas e administracións públicas impulsaron o teletraballo e a tramitación telemática da meirande parte dos procedementos administrativos.  “Neste contexto situamos unha das prioridades do Goberno que é o de garantir o acceso aos servizos públicos da cidadanía con independencia da zona na que vivan”. Por outra banda, “rachar a fenda dixital é un elemento clave do reto demográfico” xa que é funfamental para fixar a poboación nos territorios máis afectados polo despoboamento.
 
 

 BeneficiarioPresupuesto financiableCuantía de la ayudaViviendas/empresas beneficiadasTecnología
A CoruñaTelefónica4.882.522,00 €3.824.567,00 €14.030FTTH
LugoAdamo7.491.480,00 €5.853.870,00 €26.530FTTH
OurenseTelefonica2.330.455,00 €1.864.364,00 €10.047FTTH
PontevedraTelefónica2.581.609,00 €2.065.287,00 €5.552FTTH
GALICIA 17.286.066,00 €13.608.088,00 €56.159 

DATOS NACIONAIS

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital publicou esta semana a resolución provisional da convocatoria do ano 2020 do Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA- NGA), pola que se beneficiarán de cobertura 653.157 fogares e empresas. Este programa, xestionado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As axudas outórganse para a extensión de redes de comunicacións electrónicas de banda ancha ultrarápidas nas denominadas zonas brancas: aquelas sen cobertura actual e que non teñen previsións de despregamento no próximos tres anos. Ademais, este ano, como novidade, puidéronse incluír tamén axudas para as zonas grises, aquelas onde hai presenza dun só operador que pode proporcionar servizos a velocidades de máis de 30  Mbps, pero sen superar os 100  Mbps, para as que o Goberno obtivo a aprobación da Comisión Europea.

A resolución publicada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital propón a concesión de axudas a 33 proxectos, dirixidos a 33 das 45 provincias inicialmente previstas. Os proxectos aprobados a diferentes operadores supoñen un investimento total de 186 millóns de euros con axudas por importe de 105,77 millóns de euros. En total recibíronse 108 propostas.

A extensión da banda ancha ao 100% da poboación cunha velocidade de polo menos 100  Mbps é un compromiso do Goberno recollido na estratexia España Dixital 2025. Co fin de alcanzar este obxectivo, o Goberno está a elaborar un “Plan para a Conectividade de persoas, empresas e territorios” que sirva para estender a banda ancha ás zonas rurais máis dispersas e contribúa tamén a pechar a fenda dixital territorial, facer fronte ao reto demográfico e construír unha sociedade e economía máis inclusiva e sostible.

Cando o próximo ano finalicen os proxectos con axudas concedidas nas convocatorias anteriores, a cobertura de velocidade ultrarápida alcanzaría o 91% da poboación española. Cos proxectos aprobados nesta convocatoria a cobertura alcanzará o 93%.