Premio a las creaciones en moda y diseño de joyas de la juventud gallega
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, entregou esta tarde os premios Xuventude Crea 2019 nas modalidades de Moda e Deseño de xoias. Na categoría de Moda o primeiro premio foi para Noelia Tojeiro, das Pontes, pola súa colección Tomba. No caso do Deseño de xoias o gañador foi Sergio Pazos Maneiro, natural de Porto do Son, pola súa obra Mares de prata.
O programa Xuventude Crea da Consellería de Política Social ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videcreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.
Na especialidade de Moda participaron dez mozas e mozos dos que seis chegaron a esta fase final. O primeiro premio foi para Noelia Tojeiro, das Pontes, coa creación Tomba. En segundo e terceiro lugar quedaron a pontevedresa Alba Vidal con Eva00 e Ángel López Pérez, de Marín, con The Messengers, respectivamente.
Mentres, na modalidade de Deseño de xoias participaron 16 rapazas e rapaces dos que dez chegaron á final. O primeiro posto foi para Sergio Pazos de Porto do Son pola súa proposta Mares de prata. En segundo e terceiro lugar quedaron o santiagués Alexandro Castañón con Axóuxeres e Adriana Olveira Rego, tamén de Porto do Son, coa creación Nimbos, respectivamente.
Un total de 381 mozos e mozas, con idades entre os 16 e 30 anos e residentes todos eles en Galicia, participaron na edición deste ano de Xuventude Crea cos seus diferentes proxectos. Esta iniciativa van dirixidas a estimular o enxeño e a imaxinación da mocidade. Os participantes non poderán ser profesionais e, agás nas categorías de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, deberán presentar proxecto a título individual.
OUTROS GAÑADORES
En canto ás tres categorías que xa se coñecen as gañadoras e gañadores, e que se disputaron na Cidade da Cultura no marco do encontro Mocidade, cómpre indicar que na de Graffiti o primeiro premio foi para Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona) pola súa obra Cor de corral. En segundo e terceiro lugar quedaron Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala e Fernanda Rodríguez Miguelez (A Coruña) con Camiñando entre nos, respectivamente. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.
foto xoán crespo
12/11/2019
Na categoría de Música, o gañador foi Sherchelios (Vigo) coas cancións Cantiga de sal e Inverno en Cangas. En segunda posición quedou Golden Wolves (Xinzo de Limia) coas cancións GZ e Savage. E o terceiro galardón foi concedido de forma compartida a Denis (Vigo) con Figuras molladas e Supreme e a Queridiño (O Carballiño) con Poniente e Your name.
A final do apartado de Videocreación quedou como primeiro clasificado Paula Valiño Rivera (Ames) con Reciprocidade: entre o medo e a vontade. O segundo posto conseguiuno Nicolás Vázquez Ben (Vigo) coa proposta Fuga e o terceiro Catuxa Negreira Cousillas (Santiago) con Metamorfosis.