Xela, Celia e Lara entre as opcións de medalla para o nacional Sub18
Corenta e nove das nosas e nosos atletas (27 homes e 22 mulleres) viaxarán esta fin de semana ata a cidade asturiana de Gijón para tomar parte na disputa do Campionato de España Sub18.
Entre o máis destacado da expedición galega está a plusmarquista nacional e campioa de España de pista cuberta Xela Martínez que buscará unha boa actuación logo dun comezo de tempada en aire libre na que as lesións impedíronlle seguir progresando. Xunto a lucense, Lara Iglesias do Barbanza na xavelina representa outra das serias opcións aos metais grazas a súa segunda mellor marca ao igual que Celia Castro do Mazí sobre os 800 m. ao que acude co terceiro mellor rexistro das participantes.
Por marcas acreditadas estaremos moi pendentes do que fagan, tanto o bronce nacional indoor Daniel Salgueiro do Coruña Comarca, como Ricardo Negrete do Atletismo Ferrol na proba dos 800 m. na que contan con claras opcións de estar na loita polos metais.
Alicia Barreiro do Ría Ferrol tomará parte tanto nos 400 lisos como nos 400 valos con opcións importantes en ambas. Sobre esta última distancia Leo Rodríguez do Celta, será outro dos atletas quen teña moito que decir na final.
Iker Fernández de A Gándara nos 800 m., e as representantes da Atlética Lucense Amparo Corredoira nos 1.500 m. e Sara Guedes nos 2.000 obstáculos, representan no medio fondo e fondo as nosas mellores opcións. Non queremos deixar pasar por alto a presenza dos lucenses Teo de Frutos do Lucus, bronce nacional de pista cuberta nos 3.000 m. e de Miguel Alvariño da Atlética Lucense, cuarto clasificado na mesma final, os cales estarán na saída da proba dos 1.500 m.
Nos concursos de lanzamentos serán Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso, Aixa Corbacho do Rías Baixas en martelo e Enzo López do Barbanza na xavelina, quenes protagonicen as mellores opcións para os intereses galegos
Por último contaremos ca presenza tanto de Pablo Sánchez da Atlética Lucense, como de Natalia Rivas do Ría Ferrol sobre unha especialidade de marcha que sempre depara boas novas a nivel de resultados.