'Xarotos Gran Fondo' pasa ao 30 de agosto
A Concellería de Deportes do Porriño comunicou este martes o aprazamento da proba ciclista 'Xarotos Gran Fondo' que patrocina o Concello do Porriño e organiza o club local “Máster da Louriña”. A proba que ía celebrarse o vindeiro 7 de xuño pasará a celebrarse o domingo 30 de agosto, segundo decidiron Concello e club.
David
Alonso, concelleiro de Deportes explicou que “á vista de prolongación do estado
de alarma e ante a previsión de que poderiamos reunir 500 participantes e
numerosos espectadores , pensamos que no mes de xuño probablemente non teríamos
ainda as condicións axeitadas de seguridade e saúde para a súa celeberación,
polo que procedía adiar”.
A
Federación Galega de Ciclismo, que inclue a “Xarotos” no calendario de eventos
de gran fondo, xa recolleu o cambio de datas da proba.