Unha decena de deportistas porriñeses galardoados na Gala do Ciclismo Galego

Unha

decena de deportistas porriñeses foron protagonistas da Gala do Ciclismo de

Galicia celebrada en Pontevedra onde resultaron premíados o que constitue un recoñecemento

da Federación Galega e das autoridades da comunidade autónoma ao potencial do

ciclismo porriñés.  

Foron

Ana María Gónzalez, Laura Mira, Jorge Punzón, Marcial Rodríguez, Chus Barros e

cinco integrantes do equipo porrñés “A.D. Avanza”: Xoel Montes, Senén Bastos,

Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández.

Todas

elas e eles foron galardoados polos seus títulos autonómicos e nacionais nas

súas respectivas categorías e modalidades competitivas que van dende ciclismo

en ruta, ciclocross ata bicicleta de montaña.

A

homenaxe federativa corrobora o recoñecemento que previamente, ao longo do ano

e con diferentes mostras, realizou o propio Concello do Porriño a estes

deportistas.

Non

podemos esquencer que Jorge Punzón foi pregoeiro das Festas do Cristo, as

principais da cidade, ou que Ana María Gónzalez foi a madriña da última edición

do Triatlón Concello do Porriño.

Ademais

Laura Mira e Marcial Rodríguez, polos seus recentes triunfos nos  campeonatos de España e de Galicia de

ciclocross (éste último celebrado no Porriño) xa foron obxeto xunto cos

integrantes do club A.D. Avanza dunha recepción ofrecida na casa consistorial

polo concelleiro de Deportes, David Alonso.