A Ruta e o Trail serán as citas estatais desta fin de semana
Catorce atletas galegas e galegos viaxarán esta fin de semana ata a provincia andaluza de Huelva para tomar parte no Campionato de España dos 10K. Entre a relación de inscritas estarán presentes as campioas de Europa de Campo a Través por equipos do pasado certame levado a cabo en Turín, as ourensáns Antía Castro e Inés Docampo aspirando ao podio na categoría Sub23.
Catorce atletas galegas e galegos viaxarán esta fin de semana ata a provincia andaluza de Huelva para tomar parte no Campionato de España dos 10K.
Entre a relación de inscritas estarán presentes as campioas de Europa de Campo a Través por equipos do pasado certame levado a cabo en Turín, as ourensáns Antía Castro e Inés Docampo aspirando ao podio na categoría Sub23.
Xunto elas, estarán compitindo o campión de España M45 do ano pasado Juan Álvarez Cures no seu intento de reeditar o título nacional, desta ocasión defendendo as cores do ADAS. Iría Fernández pola súa banda, buscará mellorar tamén o oitavo posto do pasado nacional na F40.
Outro dos que viaxará a terras onubenses será o medallista do último campionato de Galicia máster de pista cuberta José Carlos Ferreira do ADAS CUPA na categoría M45.
O ADAS CUPA, na procura de máis metais.
De igual modo á clasificación individual, haberá unha por equipos na que o ADAS CUPA tomará parte. O obxectivo da formación de Tinín, será estar no podio como xa fixera o ano pasado no certame disputado precisamente en O Barco e da que sairon cun total de catro medallas de ouro.
Campionato de España de Montaña Trail Runing
Por outra banda, Martín Barreiro do Atletismo Narón, será o único atleta galego que tome parte no nacional absoluto de Carreiras de montaña de Trail Running que se disputará esta fin de semana en LLoret del Mar.