jueves. 26.12.2024

O proceso de eleccións das Federacións Deportivas Galegas saldouse con 15 novas presidencias e a renovación doutras 42

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, está a recibir os novos presidentes e presidentas para coñecer as súas demandas e abordar posibles liñas de colaboración coa Xunta de cara a esta tempada. Nos últimos días recibiu os recentes presidentes nomeados das federacións galegas de atletismo, Iván Pablo Sanmartín; automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño; hóckey, Roberto Baratta e Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos. Ademais, continuará a reunirse cos representantes das federacións que renovaron os seus cargos para os próximos anos.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manterá unha reunión co novo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manterá unha reunión co novo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño.

As 59 federacións deportivas galegas acaban de realizar un novo proceso electoral que supuxo a designación de 15 novas presidencias e a renovación doutras 42. Só quedan pendentes de pechar os seus procesos a Federación Galega de Aeronáutica e a de Baile Deportivo. Os mandatos teñen unha duración de 4 anos e adoitan renovarse nos anos que se celebran os Xogos Olímpicos de Inverno, como os de Beijing de febreiro do ano pasado.

Hai cinco mulleres como presidentas das federacións deportivas e ás de orientación, montañismo e tenis de mesa súmanse a de patinaxe e a de salvamento e socorrismo.
 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, está a recibir os novos presidentes e presidentas para coñecer as súas demandas e abordar posibles liñas de colaboración coa Xunta de cara a esta tempada. Nos últimos días recibiu os recentes presidentes nomeados das federacións galegas de atletismo, Iván Pablo Sanmartín; automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño; hóckey, Roberto Baratta e Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos. Ademais, continuará a reunirse cos representantes das federacións que renovaron os seus cargos para os próximos anos.

Tamén estrean presidencia Guillermo José Ferreiro na Federación Galega de Actividades Subacuáticas; Julio Berárdez, na de baloncesto; Luis Eusebio Fidalgo, na de caza; Enrique Freire, na de colombofilia; Gonzalo Villarmea, na de espeleoloxía; Josefina Maetsu, na de montañismo; Sonia Gómez Naya, na de orientación; José Luis Méndez, na de remo; Nuria Castro, na de tenis de mesa; Álvaro Concheiro, na de tiro ao voo; e Julio Rivas, na de tiro olímpico.

Están pendentes de pecharse os procesos das federacións galegas de aeronáutica e de baile deportivo.

Ademais, tras o novo proceso cinco mulleres serán presidentas federativas. Ás presidentas de orientación, montañismo e tenis de mesa, que renovaron os seus cargos, súmanse María Jesús Vázquez, como nova presidenta da Federación Galega de Patinaxe e Nuria Rodríguez da de salvamento e socorrismo.

Cómpre destacar que neste 2023 as federacións deportivas galegas recibirán o investimento autonómico máis elevado da historia con máis de 5 M€ destinados aos 59 convenios. Supón un 8 % máis que os 4,7 M€ investidos o ano pasado. 

O proceso de eleccións das Federacións Deportivas Galegas saldouse con 15 novas...
Comentarios