jueves. 26.12.2024

O Diario Oficial de Galicia publicará no día de mañá a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego que, de xeito excepcional e por mor da pandemia, abarcarán catro exercicios: 2019, 2020, 2021 e 2022. Esta gala non se celebraba dende 2019 e nesta ocasión será no Auditorio Municipal de Ribeira o vindeiro 20 de marzo.

Cómpre destacar a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante estes últimos catro anos. A Xunta agradece o esforzo de todo o tecido deportivo polo seu comportamento durante a pandemia e o recoñecemento pola súa rápida recuperación que contribuíu a que o deporte galego ratifique a súa posición como referente nacional e internacional.

Nesta ocasión, os premios que recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia, distinguen a 22 premiados nas 18 categorías.

Lista de premiados:

1.      -Mellor deportista feminina (ex aequo): María Teresa Portela Rivas (piragüismo) e Ana Peleteiro Brión (atletismo)

2.      -Mellor deportista feminina con discapacidade: Adiaratou Iglesias Forneiro (atletismo)

3.      -Mellor deportista masculino: Carlos Arévalo López (piragüismo)

4.      -Mellor deportista masculino con discapacidade: Martín de la Puente Riobó (tenis en cadeira de rodas)

5.      -Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)

6.      -Mellor equipo masculino: Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon)

7.      -Mellor equipo de deportistas con discapacidade (ex aequo): Real Club Deportivo de la Coruña Genuine e Club Deportivo Lugo Genuine (fútbol)

8.      -Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Básquet Coruña (baloncesto)

9.      -Mellor adestrador ou adestradora: Miguel Martínez Méndez (baloncesto)

10. -Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Manuel Franco Ojea (tenis)

11. -Mellor labor informativo: Galicia en Xogo Olímpico (Radio Galega)

12. -Mellor evento deportivo (ex aequo): Mundiais de Loita sub-23 e grappling de Pontevedra 2019 e O Gran Camiño Cycling 2022

13. -Mellor patrocinio deportivo: Recalvi

14. -Mellor deportista revelación: Antía Jácome Couto (piragüismo)

15. Premio ao xogo limpo (ex aequo): Escolas de Balonmán Xiria e Bueu Atlético Balonmán (balonmán)

16. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Instituto de Investigación Biomédica da Coruña – INIBIC Sergas

17. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Fundación Abrente - Enki

18. -Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES Manuel García Barros

Os premios ‘Deporte Galego 2019-2022’ recoñecerán o traballo de 22 persoas e entidades
Comentarios