O Porriño acolle este mércores a final da XXVI Liga galega de baloncesto adaptado
O Porriño acolle este mércores 8 a terceira e última xornada da XXVII Liga Galega de Baloncesto Adaptado. 160 deportistas daranse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.
Serán un total de 15 os equipos que disputarán os 14 partidos da xornada. Na categoría de competición masculina xogarán o Asdan, San Rafael e Celta Integra; na adaptada masculina o Vilagarcía, Juan María, Ambar, Aspavi, Aspanaex, Celta Integra e San Rafael; na adaptada mixta o Méndez Núñez, Saiar, Saladino Cortizo “A” e Saladino Cortizo “B”.
Os encontros arrancarán ás 10.30 h e en cada categoría competición xogaranse catro períodos de 8 minutos e en adaptada serán 4 períodos de 6 minutos.
A xornada rematará arredor das 13.45 h.