miércoles. 25.12.2024

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, que participou o pasado mes de xaneiro no Rally Dakar 2021, remantando no posto 53.

Conde felicitou de novo ao deportista, que contou un ano máis co apoio da Xunta, a través de Galicia Calidade e a Secretaría Xeral para o Deporte. O vicepresidente económico destacou a contribución de Iglesias á visibilización da marca Galicia e do Xacobeo 2021 nunha das competicións máis duras do mundo do motor, e que cada ano seguen medios de comunicación de todo o mundo.

Parabéns ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias