O Goberno galego reparte 4.392 euros entre as 58 federacións deportivas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu a sexta reunión do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable. Neste sentido, o tema de meirande importancia debatido no foro foron os convenios de colaboración para realizar na súa integridade a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade e que serán aprobados nas vindeiras datas.
O Consello da Xunta acaba de autorizar os 58 convenios de colaboración que o Goberno galego asinará coas respectivas federacións e que ascenden a un importe de 4.392.684 euros (sumando a contía do convenio coa Federación Galega de Piragüismo para o mantemento, conservación e mantemento do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en Verducido), o que representa un aumento do 2% con respecto a 2019 (4.306.002 euros) sendo a dotación económica máis elevada desde o ano 2011. Ademais, o Consello tamén aproba a modificación dos límites e das porcentaxes dos pagamentos anticipados para que todas as federacións deportivas de Galicia poidan desfrutar destes anticipos.
Os 4.392.684
euros son distribuídos atendendo a criterios obxectivos, como son o número de
licencias totais, licencias femininas e licencias de deportistas con
discapacidade existentes na federación, o número de clubs participantes en
competicións oficiais, os de campionatos de España e competicións
internacionais organizadas, os deportistas da federación que formen parte das
seleccións deportivas, o número de deportistas galegos de alto nivel ou de
deportistas de alto nivel da federación ou, entre outros criterios obxectivos,
as actividades de promoción e fomento realizadas nas actividades en idade
escolar.
Os 58
convenios autorizados na sesión de hoxe son os das federacións deportivas
galegas de actividades subacuáticas (18.556 euros), aeronáutica (13.480 euros),
atletismo (230.387 euros), automobilismo (189.878 euros), bádminton (103.032
euros), baloncesto (252.102 euros), balonmán (189.614 euros), bésibol e sófbol
(2.403 euros), billar (20.094 euros), bolos (23.457 euros), boxeo (31.465
euros), caza (30.329 euros), chave (5.894 euros), ciclismo (185.941 euros),
colombicultura (3.332 euros), colombofilia (7.273 euros), deporte adaptado
(79.495 euros), deportes de inverno (8.438 euros), esgrima (33.976 euros), espeleoloxía
(13.983 euros), esquí náutico (8.799 euros), fútbol (255.133 euros), golf
(45.367 euros), halterofilia (54.196 euros), hípica (70.448 euros), hóckey
(15.494 euros), judo e deportes asociados (141.904 euros), karate e deportes
asociados (68.121 euros), kickboxing (19.899 euros), loita e deportes asociados
(112.858 euros), montañismo (30.480 euros), motociclismo (60.380 euros),
motonáutica (29.484 euros), natación (158.415 euros), orientación (26.338
euros), pádel (39.426 euros), patinaxe (55.642 euros), pelota (10.774 euros),
pesca e casting (15.021 euros), petanca (12.656 euros), piragüismo (324.195
euros), remo (109.283 euros), rugby (46.757 euros), salvamento e socorrismo
(20.111 euros), squash (37.591 euros), surf (33.947 euros), taekwondo (121.110
euros), tenis (106.254 euros), tenis de mesa (40.644 euros), tiro ao voo (6.357
euros), tiro con arco (45.014 euros), tiro olímpico (41.710 euros), tríatlon e
péntatlon moderno (170.615 euros), vela (251.069 euros), voleibol (85.277
euros), xadrez (57.177 euros) e ximnasia (74.669 euros).
Neste 2020 e
xunto a estes convenios, as federacións deportivas galegas poderán optar a
outras liñas de colaboración coa Xunta de Galicia. Así, as federacións
deportivas serán convidadas á participar dos novos contratos de patrocinio
federativos grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade para a
realización de campañas de sensibilización contra a violencia de xénero e a
actividades deportivas e de formación neste ámbito, así como outras liñas de
patrocinio xeradas do Xacobeo 2021. Asemade, subscribiranse tamén neste ano
contratos específicos para a celebración de eventos deportivos de especial
relevancia e a orde de adquisición de equipamento deportivos que, para esta
tempada, increméntase nun 16,6% tras o incremento do 107% rexistrado en 2019.
Cómpre
destacar que no pasado exercicio 2019 as federacións deportivas galegas víronse
beneficiadas cun total de 5,6 millóns de euros -sumados os importes das axudas
dirixidas a actividade federativa (convenios, Igualdade, Xacobeo, patrocinio de
eventos federativos e equipamento)- o que representa un incremento de preto do
50% con respecto ao ano 2018 (3,7 millóns). Ademais, se a esta cantidade
engadimos o orzamento do Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición da
Fundación Deporte Galego, as subvencións aos clubs de base, o equipamento para
entidades, as agrupacións deportivas escolares, o seguro Xogade, a Liga Galega
de Traíñas e as bolsas DGAN, o presuposto para federacións e entidades
deportivas ascendeu en 2019 ata os 15,5 millóns de euros, un 46% máis que en
2018 (10,6 millóns de euros).
COMPLEXO
O Consello da Xunta tamén autorizou a sinatura
do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a
Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) para levar a cabo as actividades de
mantemento e conservación do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en
Verducido, Pontillón do Castro, no Concello de Pontevedra, así como para os
gastos de funcionamento destas instalacións pola cesión outorgada pola
Secretaría Xeral para o Deporte á Federación de Piragüismo. Para o cumprimento
deste convenio, que estará vixente ao longo de todo o ano 2020, a Secretaría
Xeral para o Deporte concederá á Federación unha subvención de 115.000 euros, o
mesmo importe que o destinado en 2019 e
un 9,5% máis que en 2018 cando se consignaron a este respecto 105.000
euros. Esta cantidade xa reflectía unha suba do 5% respecto ao consignado en
2015 e 2016 cando se destinaron 100.000 euros.
Tocante aos convenios de colaboración entre a
Xunta de Galicia coas 58 federacións deportivas galegas por importe de 4.392.684 euros,
a Federación Galega de Piragüismo recibirá neste ano 2020 o maior orzamento da
súa historia por parte da Secretaría Xeral para o Deporte acadando os 439.195
euros. Esta contía obtense da suma dos 115.000 euros para Verducido máis os
324.195 euros que recibe en 2020 a Federación Galega de Piragüismo para a
realización dos programas de promoción e desenvolvemento da súa modalidade
deportiva, un 4% máis que en 2019.