O atleta ferrolá José Vicente Rioseco suma o seu cuarto récord mundial
Novamente José Vicente Rioseco acadaba esta mesma mañá nas pistas do INEF de Bastiagueiro un novo récord do mundo da categoría M80 sobre os 800 m. logo de invertrir un rexistro de 2:41.59 e rebaixar a actual plusmarca en máis sete segundos que estaba en posesión do canadiense Earl Fee con 2.48.95 efectuados en Toronto no ano 2009.O multiplusmarquista mundial tiña ademáis un dobre motivo para a celebración xa que no día de hoxe cumplía 80 anos estreando categoría.
Con este importante rexistro, o atleta ferrolá nas ringleiras do Atletismo Narón suma o seu cuarto récord mundial que engade aos logrados na categoría M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019); o dos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e o dos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta.
De igual modo lembramos que a RFEA nomeabao no 2019, xunto a tamén máster Rosa María Escribano, mellor atleta máster español do ano.
Ligazón da retransmisión en directo da carreira (a partires minuto 18)