Luisa Sánchez remarca na presentación da MS2 Cup o seu “importante labor na visibilización do deporte de base”
13 de junio de 2024 (00:15 h.)
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, remarcou na presentación na sede do RC Celta de Vigo da quinta edición da MS2 Cup, impulsada polo recoñecido futbolista Michel Salgado, o “importante labor deste torneo deportivo na visibilización do deporte de base, que é onde reside o deporte de elite do futuro”. “Somos conscientes do altísimo nivel que temos nesta terra, xa que somos canteira, e queremos estar á altura en todos os aspectos do mundo deportivo”, subliñou a vicepresidenta, quen tamén enxalzou “a grande capacidade para organizar eventos deportivos de primeiro nivel como este” e remarcou a “implicación de primeira man” de Michel Salgado na organización da MS2 Cup que acollerá este mes de xuño A Madroa.