viernes. 22.11.2024

O

nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, foi preseleccionado polo COE (Comité

Olímpico Español) para os Xogos Paralímpicos Tokyo 2020.

Esta

noticia supón, que de ser convocado, que o Club Natación Mos sería un dos

poucos equipos da Comunidade Autónoma en contar nas súas filas cun deportista

olímpico/paralímpico.

Desde

a directiva do Club, o seu director da área deportiva, Adrián Trillo, declara

que “isto é algo que xamais pensamos que puidese estar ao noso alcance”. O

comité paraolímpico español notificoulle a Juan Ferrón Gutiérrez, nadador do Club

Natación MOS, que foi pre-seleccionado pola Federación Española de Deportes

para cegos (FEDC) para participar nos Xogos Paralímpicos, dita competición terá

lugar na localidade de Tokio do 25 de agosto ao 6 de setembro.

Así

mesmo Juan Ferrón foi convocado pola FEDC para participar no Trofeo

Internacional Deputación de Barcelona de Natación, que terá lugar os días 7 e 8

de marzo de 2020, onde Juan Ferrón buscará sumar outra mínima para o Europeo de

Funchal, despois de conseguir a de 100 metros bolboreta.

Juan Ferrón, preseleccionado para os Xogos Paralímpicos Tokyo 2020