Iván Sanmartín, elexido novo Presidente da Federación Galega de Atletismo

Iván Sanmartín,novo Presidente da Federación Galega de Atletismo.
Tanto a candidatura do novo presidente, como a dos membros da Comisión Delegada, (cuxo número non era superior a dos postos a elexir) non precisaron de votación para a súa proclamación, quedando constituidos nun acto breve na que o presidente da mesa electoral Toto Bazán, facía oficial o nomeamento de quen será o máximo responsable do atletismo autonómico nesta nova lexislatura.

A Asemblea Xeral da da Federación Galega de Atletismo nomeaba, este sábado, a Iván Sanmartín como novo Presidente da entidade deportiva xunto aos membros da Comisión Delegada nun acto levado a cabo esta tarde na Cidade da Cultura de Santiago.

Tanto a candidatura do novo presidente, como a dos membros da Comisión Delegada, (cuxo número non era superior a dos postos a elexir) non precisaron de votación para a súa proclamación, quedando constituidos nun acto breve na que o presidente da mesa electoral Toto Bazán, facía oficial o nomeamento de quen será o máximo responsable do atletismo autonómico nesta nova lexislatura.

Quen fora Delegado federativo en Santiago e vicepresidente da Federación Galega na anterior etapa, aproveitou esta primeiro acto público para dar as grazas a todos os asistentes pola confianza expresada manifestando a súa vontade ¨…para poñerme ao servizo do atletismo galego e de todos os seus estamentos atléticos¨

De igual modo explicou brevemente algúns dos seus eixos fundamentais para este novo periodo entre os que destacan a elaboración dunha nova xunta directiva cun novo organigrama. Tamén entre os retos figura o de aumentar os recursos para a tecnificación,  contar cunha nova dirección deportiva, potenciar os campionatos de Galicia absolutos e por en valor a Selección galega.

Aparecen como novidades a creación das figuras do Coordinador de infraestructuras e a Oficiña do organizador para reforzar estas dúas importantes áreas. De igual modo seguirase traballando conxuntamente co Comité Galego de Xuices para satisfacer as necesidades deste importante colectivo.

Sanmartín fixo un especial énfase ao citar ás categorías base as cales seguirán contando con toda a atención e relevancia a nivel de seguimento e actividade sen descoidar a organización de probas absolutas de rango nacional e internacional na nosa comunidade.

Outros dos aspectos citados foron o de continuar ca dotación de novas medidas tecnolóxicas, o incremento dos circuitos homologados de competición, o fomento das modalidades de campo a través, trail e montaña, o incremento de acordos e convencios cas distintas federacións así como a procura de novos recursos tanto no sector privado como público.

O novo presidente remataba a súa intervención non sin antes agradecer a todos cantos o acompañaron nos últimos anos, de maneira en especial ao anterior presidente Isidoro Hornillos ¨ quen me deu a oportunidade de entrar a formar parte na Federación e cuxa experiencia e consellos transmitidos fan que esté hoxe aquí tomando o seu relevo¨