Iván Sangiao novo responsable do sector de Trail da FGA

Ivan Sangiao.
Si fai poucos días era David Ferrer quen era nomeado Director Técnico, recentemente Iván Sangiao (Lugo, 1986) incorporábase ao equipo técnico como novo responsable do Sector de Trail Running.

Logo de que Iván Sanmartín tomara posesión da presidencia da Federación Galega de Atletismo a finais do ano pasado, continúan producíndose novas importantes tanto no organigrama técnico como operativo do organismo deportivo.

Si fai poucos días era David Ferrer quen era nomeado Director Técnico, recentemente Iván Sangiao (Lugo, 1986) incorporábase ao equipo técnico como novo responsable do Sector de Trail Running.

EXPERIENCIA, COÑECEMENTOS E ILUSIÓN

Formado en varias universidades en Educación Física, é na actualidade un experto en nutrición deportiva de alto rendemento, traballando nunha multinacional do deporte e asesorando ao mesmo tempo a varios deportistas.

Vencellado ao deporte dende moi novo ca practica de varias modalidades, (bronce en taekwondo nos Campionatos Europeos Universitarios) chegaba ao mundo do trail desde o triatlón no ano 2016 xa que según o propio Sangiao ¨Tiven claro o meu gusto polas sendeiros do monte sobre os trazados de asfalto ¨ colleitando de igual modo notables resultados en probas importantes a nivel competitivo.

Para o novo responsable ¨Considero que Galicia é unha potencia xa que temos unha orografía que permite moitas formas de traballo. Dentro do plan estratéxico que elaboramos a tres anos, consensuaremos unha baremación das probas tal como se teñen no mundial, adaptándoas ao nivel dos nosos deportistas na procura tanto de consolidar, como captar talentos.¨

Unha das ideas que se marca é a de elaborar un calendario apetecible para todos os amantes do trial running buscando de igual modo ¨ fomentar o acceso dos e das atletas procedentes do campo a través ás discipliñas curtas exclusivas do trail, sempre por debaixo dos 35 Km.,  sen descoidar as distancias medias ou longas¨

Entre os seus obxectivos a curto prazo está o de elaborar xunto á Dirección Técnica, un plan de tecnificación para impulsar tanto a técnicos como a deportistas, amosando o seu desexo de ¨involucrar e entusiasmar a todo o tecido que conforma o trail running galego¨ 

 CONVOCADA A SELECCIÓN GALEGA DE TRAIL

A localidade navarra de Lerin será a sede da disputa do Campionato de España por Comunidades de Trail Running á que acude a nosa Selección Galega.

Compoñente Seleccion galega de trail running ano 2022. ARQUIVO.

Será a segunda ocasión na que o combinado galego tome parte na proba máis importante do calendario a nivel estatal, logo do seu debut na edición do ano pasado disputada na localidade catalana de Berga.

A proposta do responsable de Trail Iván Sangiao, o Director Técnico David Ferrer facía pública no día de onte a composición da Selección Galega de Trail na que estará presente, liderando a categoría masculina, o campión galego deste ano Pablo Camescasse.

 

Xunto ao atleta do C.D. Delikia, estarán tomando parte tamén o actual subcampión galego e campión na edición do 2015 Amador Pena do S.D. Compostela;  Manuel Piñeiro do Atletismo Cambados; Roberto Tuñas do Atletismo Negreira e Rubén Ínsua do C.A.Sar.

  Por parte da categoría feminina, e ante a ausencia por motivos de axenda da campioa galega Silvia Casal, será a subcampioa autonómica desta edición, e campioa do ano pasado Verónica Calvo do Atletismo Sar, quen asuma a capitanía da selección. Xunto á mesma defenderán as cores da selección a medallista no galego de Trail Carla Trillo do Ría de Foz; Inés Ramos do Atletismo Sar; Patricia Varela do At. Arenteiro e Beatriz Barroso do Atletismo Noia.  

A selección quen chegará un día antes a Navarra, empleará o tempo en facer unha revisión do circuito que servirá para analizar todos aqueles aspectos e variables que poidan incidir no resultado.

Para o responsable do sector da FGA Iván Sangiao, ¨Vai ser un percorrido moi rápido a onde acudirán os mellores especialistas da distancia xa que se xogan as prazas para o campionato mundial da modalidade¨ De igual modo apuntaba aos obxectivos do equipo autonómico, ¨Contamos cun combinado que mistura experiencia e unha gran motivación polo que os nosos obxectivos serán os de seguir medrando e intentar mellorar os resultados globais do ano pasado¨