Itziar Manso e Antonio Serrat proclámanse campións galegos absolutos de campo a través en A Rúa
O circuíto do Aguillón, en A Rúa, foi o escenario hoxe do Campionato Galego Absoluto de Campo a Través, organizado polo Concello de A Rúa e a Federación Galega de Atletismo. Itziar Manso, do Ourense Atletismo, e Antonio Serrat, do Real Club Celta, alzaronse cos títulos de campións galegos absolutos nunha xornada marcada polo bo nivel competitivo.
Itziar Manso logrou o seu primeiro título autonómico cun tempo de 31:41 nos 8.600 metros do circuíto. A seis segundos chegou Sara Castillo, do Atletismo Corredoiras, mentres que a internacional Sandra Mosquera, do Comesaña Sporting Club, completou o podio a doce segundos da gañadora.
Na categoría masculina, o favorito Antonio Serrat comezou o 2025 da mellor maneira, sumando o seu terceiro campionato galego tras os logrados en 2019 e 2022. O triatleta olímpico en París 2024 superou por catro segundos a Ero Doce, do Atletismo Narón, que se proclamou subcampión galego. David de la Fuente, do C.D. Pinarium, ocupou o terceiro lugar a dez segundos do vencedor.
Por equipos, o Atletismo Narón impúxose na categoría masculina absoluta, mentres que a Gimnástica de Pontevedra fixo o propio na feminina. Pinarium e Ría de Foz acompañaron ao Narón no podio masculino, mentres que ADAS CUPA e Ourense Atletismo fixeron o propio coa Gimnástica.
No resto de categorías, destacaron os seguintes resultados:
- Sub23: Cómodas vitorias para Carmen González, da Gimnástica, e Jarno Pousada, do Ría Foz, con máis de vinte segundos de vantaxe sobre os seus perseguidores. O Atletismo Narón sumou outro título por equipos na categoría masculina.
- Sub20: Dominio da Atlética Lucense, con títulos individuais para Sandra González e Iker Fernández, ademais do campionato por equipos.
- Sub18: Alex Sierpes, do Vicky Foods, comezou o ano cun novo título, confirmando o seu talento. No feminino, Debris Paniagua, do C.A.O Pino, gañou nun podio no que tamén estivo a súa irmá. A Gimnástica de Pontevedra levou os títulos por equipos en ambas categorías.
- Sub16: Final moi axustado na categoría feminina, con Lucía Ageitos, do Club Natación Riveira, gañando por só un segundo a Carla Rioseco, do Ferrol Atletismo. En homes, Xoel Franco, do Beade, impúxose por dous segundos a Ismael Rodríguez, da Atlética Lucense. A Atlética Lucense gañou o campionato por equipos feminino, mentres que o Club Atletismo Sada fíxoo no masculino.