I carreira de empresas de Galicia
O 8 de outubro as empresas galegas teñen unha cita deportiva no Porriño, celébrase a primeira edición da Carreira de Empresas de Galicia, un formato novo nas carreiras populares de running que fomenta a práctica deportiva nas empresas apostando polo benestar a nivel persoal e laboral. O evento está organizado por Interrunning Club e conta coa colaboración do Concello do Porriño.

As inscricións están abertas e todo aquel que queira participar pode apuntarse de maneira online en www.ccnorte.com . O importe íntegro da inscrición será doado á Asociación Bicos de Papel, asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Na Carreira de Empresas poden participar todas as persoas maiores de 16 anos, de maneira individual ou por equipos, camiñando na andaina ou correndo nas carreiras de 5K ou 10K. Non só está aberto a empresas, tamén se pode inscribir quen queira de maneira individual.
Os equipos poden ser de 2, 3 ou 4 participantes (homes, mulleres ou mixtos) cunha clasificación individual e por equipos sumando os tempos dos integrantes. Para participar de maneira individual basta con ser maior de 16 anos.
A Andaina que se celebrará a partir das 9 h non é competitiva, ao igual que a carreira de Pitufos (nenos e nenas nados a partir do 2019) e que terá lugar ás 13 h, en ambas probas as inscricións son individuais.
A clasificación oficial por equipos establecerase tendo en conta a suma de tempos de cada un dos compoñentes do equipo. Se algún dos corredores non participase ou terminase a proba, o seu equipo non aparecerá nas clasificacións. Si o farán os tempos individuais dos corredores que finalicen na clasificación xeral. A maiores da clasificación por equipos hai unha xeral individual masculina e feminina para as distancias de 5K e 10k. As clasificacións oficiais publicaranse na web da empresa de cronometraxe así como na web do patrocinador principal do evento https://lasergalicia.com/ .
A organización do evento tamén pon a disposición das persoas ou empresas que non poidan asistir á carreira un DORSAL CERO, co que se poderá participar cunha donación para Bicos de Papel.