A Gimnástica faise cos títulos galegos de Combinadas
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi o equipo gañador en ambas categorías na disputa do Campionato Xunta de Galicia de Probas combinadas por Clubs que tivo lugar esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra.
A formación lo Lérez impúxose na categoría feminina cunha puntuación total de 10.644 puntos grazas as actuacións das súas compoñentes, Andrea Villaverde (3.964 p.); Marina Artemia (3.815 p.) e Aloa Vilas (2.865 p.). O segundo posto da clasificación era ocupado polas campioas do ano pasado a Atlética A Silva, quenes sumaban nesta edidión un total de 9.101 puntos, completando os postos de podio no terceiro lugar o Maderas Barcia Lourenzá Cervo con 8.080 puntos.
No tocante á categoría masculina as actuacións de Matías Moldes con 5.726 puntos, Alejandro Villaverde con 5.421 e de Nicolás Quiñones con 4793 p. volvía colocar aos pontevedreses no máis alto do podio cunha puntuación de 15.940 puntos mellorando o terceiro posto da edición pasada. Xunto ao equipo gimnástico estiveron no caixón de premiados as formacións do Atletismo Vila de Cangas con 13.005 puntos e a do Atletismo Sada que lograba o bronce con 12.963 p. logo de quedar na pasada edición ás portas do mesmo.
Dúas medallas no Campionato estatal máster de milla en ruta
Begoña de Arriba do Egovarros de Viveiro cun tempo de 8:27 na categoría F65 e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol con 5:32 na categoría M65, lograban as medallas de prata e bronce respectivamente no Campionato de España de Milla en ruta da categoría máster disputado esta fin de se mana la localidade de albaceteña de La Roda.