Galicia colleita triunfos no Campionato de España
Un total de tres medallas individuais, unha nos relevos, tres récords de Galicia e catorce postos de finalistas, foi o balance total da representación galega que acudiu esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España que se levou a cabo na localidade malagueña de Nerja.
A plusmarquista nacional Belén Toimil, confirmaba no círculo de lanzamentos a súa hexemonía sobre o sector impoñéndose claramente cun mellor tiro de 17.80 m. a máis de dous metros da segunda clasificada e angadindo un novo título nacional ao seu palmarés. Repetía a nosa lanzadora olímpica a súa participación neste campionato no lanzamento de disco sobre o que tamén destacaba ao lograr unha sexta posición con 48.66 m.
O tamén olímpico e finalista mundial Adrian Ben deparaba outra nova alegría para o atletismo galego logo de acadar unha meritoria medalla de prata sobre os 800 m. remontando nunha expléndida última recta e cedendo tan só ante o campión nacional Alvaro de Arriba quen marcaba 1:45.82 polos 1:46.01 do viveirense.
A catro veces campioa de España absoluta Lidia Parada do Barbanza, logo da súa ausencia no nacional do ano pasado, volvía subir novamente a o podio grazas ao seu lanzamento de 53.29 m. que lle daban unha fantástica medalla de prata. Nesta mesma modalidade a cubana afincada en Galicia Yulenmis Aguilar convertíase na protagonista ao lanzar ata nada menos que os 64.17 m. que a colocan no top mundial da xavelina e na que Paula Piñón do A.F. Celta con 47.32 m. e Carmen Sánchez do Unicaja Jaén con 46.17 m. lograban postos de finalistas na quinta e sexta posición respectivamente.
No resto de lanzamentos, a armada galega acadaba importantes postos de finalistas nas distintas modalidades. Así no concurso de martelo femenino Irene Gómez lanzaba ata os 56.02 m., polos 61.58 m. de Ignacio Fernández e os 61.60 m. do céltico Yago Araujo. Carlos Revuelta da Gimnástica era finalmente noveno con 60.14 m. e Blanca Pereira do Ourense Atletismo décima con 52.57 m.
Nas probas de velocidade o máis destacado foi a gran actuación da bimedallista paralímpica e plusmarquista galega Adi Iglesias. Novamente a lucense do Lucus daba mostras da súa enorme calidade logrando nas semifinais o récord de Galicia Absoluto con 24.10 que lle daban o acceso a toda unha final onde remataba sexta e na que tan só o vento a favor +2,5 impedíronlle rebaixar novamente a plusmarca galega ata os 24.00.
Seguindo ca velocidade, Adrián Pérez marcaba nas eliminatorias dos 100 m. un destacado crono de 10.56 malia que un pinchazo no aductor impediulle tomar parte nas semifinais. O internacional Mauro Triana do Playas de Castellón pola súa banda, avanzaba ata as series semifinais dos 200 m. logrando un crono de 21.34.
Sobre os 400 m. excelente comportamento dos nosos especialistas nas semfinais. Si Pedro Juncal do Celta recortaba décimas ao crono dos 400 m. con 47.39 que supoñen unha MMP, non menos destacada foi a marca lograda por Jacobo Soler con 47.56 quen ademáis contribuía a lograr a medalla de bronce do equipo navarro do Grupompleo Pamplona dos 4x400 m.
No medio fondo, María Carballido do Atletismo Friol nos 800 m. remataba a súa semifinal en 2:10.33 polos 4:28.32 (MMP) sobre os 1.500 m. da subcampioa de España indoor Sub20 Antía Castro do Ourense Atletismo .
Nos 5.000 m. importante representación galega na que tanto Carmela Cardama como Ester Navarrete daban mostras da súa calidade ocupando a cuarta e sexta posición con 16.14.37 e 16:20.09 respectivamente. Nos homes El Medhi El Naboaui remataba na final na décimo primeira posición cun rexistro de 14:05.87
No sector de marcha moi destacada actuación das nosas e nosos atletas. Para comezar a medallista europea Sub23 Antía Chamosa remataba na cuarta posición cun rexistro de 45:14.10 o que representa unha nova plusmarca galega absoluta. Na categoría masculina o tamén gimnástico Daniel Chamosa establecía outro dos récords galegos absolutos con 41:14.82 que lle valían de igual modo para ser finalista. Por último, a internacional Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, completaba un excelente campionato no que remataba nun sexto lugar con 46:36.47.
Nos valos David Vicente do Playas de Castellón e Santiago Rozas do Lucus lograban nas súas eliminatorias 14.64 e 14.95 polos 14.14 do venezolano con ficha galega polo Atletismo Narón Gerson Izaguirre quen chegaba ata as semifinais. Na categoría femenina pola súa banda, excelente comportamento tanto de Lucía Ferrer da Gimnástica como de Teresa Rodríguez do Riazor Coruña ao marcar nas eliminatorias sendas MMP con 14.29 e 14.39. respectivamente. Nos valos baixos Claudia Rojo, recén chegada dos EE.UU, apiques estivo de baixar do minuto nas semifinais con 1:00.69
No resto de actuacións, presenza da campioa de España do ano pasado Leticia Gil no foso de lonxitude, quen chegaba nesta ocasión ata uns destacados 6.17 m. nun concurso de gran nivel gañado con 6.34 m. A de Valdeorras lograba finalmente a quinta posición nunha modalidade na que tamén tomaba parte Olaia Guisela Becerril e Gerson Izaguirre do Narón os cales lograban posto de finalista con 5.78 m. e 7.34 respectivamente.
Sen abandonar a area, mal día para a finalista do nacional do ano pasado en triplo Alba Cuns quen non puido efectuar ningún salto válido. Uxía Paz do Celta pola súa banda lograba un moi bo noveno posto con 12.13 m.
Continuando co repaso, salientamos a importante actuación dos nosos combineros neste nacional. A campioa de España Sub23 indoor Eva Queimaño lograba a súa segunda mellor marca persoal con 4.923 puntos no heptathlon o que lle permitía acadar posto de finalista. Mesmo posto de finalista lograba Adolfo Sáinz Maza do Celta quen nun excelente momento, lograba estar novamente por encima da barreira dos sete mil puntos.