O galego de campo a través decídese en Xinzo
Esta fin de semana a Federación Galega de Atletismo e a Asociación Deportiva Limiactiva organizarán o Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de campo a través nas instalacións do Hipódromo de Antela, nos concellos de Sandiás e Xinzo de Limia.
Será o domingo cando a partir das 10.50 horas den comezo as primeiras probas que xuntarán a un total de 130 atletas na procura deste prestixioso título que se achega a súa octoxésima sétima edición.
A CATEGORÍA SUB20, A MÁIS ABERTA
Na categoría Sub20 masculina repiten do ano pasado os célticos Juan Núñez e Mario Rodríguez quenes poderían aspirar aos postos importantes sen esquecer aos debutantes nesta categoría Victor Ramos do Triki Team e Héctor Rodríguez de La Purísima. Nas mulleres a priori Alejandra Formoso do Triki Team parte como unha das favoritas ao título autonómico Sub20.
As 12.10 horas tomarán a saída os atletas absolutos e Sub23 sobre unha distancia total de 9.000 m. Será precisamente sobre esta última categoría na que Hugo García do Real Club Celta intentará facerse co título galego no seu primeiro ano. Mesmo obxectivo será o que teña en mente o lucense Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural na absoluta, ante a ausencia do gañador do ano pasado Antonio Serrat.
O prato forte estará na categoría femenina na que tomarán a saída atletas importantes de nivel internacional. Para comezar, a gañadora galega do ano pasado en Ridadavia María Cedrón do ADAS CUPA aspira a revalidar o seu título na categoría Sub23 agardándose na absoluta, o duelo entre Edymar Brea do ADA Calviá e de Esther Navarrete quen regresa novamente á disciplina do A.F. Celta. Xunto elas estarán Laura Santos recentemente fichada polo Playas de Castellón, Sofia Freaza do Comesaña e Iria Fernández do ADAS CUPA quenes tamen terán moito que decir.
As internacionais do Comesaña Sandra Mosquera (gañadora do último San Miguel de Oias) e a máster Soledad Castro, así como a olímpica Julia Vaquero do S.D. Compostela Atletismo completan o cartel desta edición.