A Federación Galega de Atletismo reparte entre os atletas 24.000 € en axudas

A FGA acaba de facer público os criterios e cuantías que recibirán os atletas como axudas do ano 2023 e nas que se invertirán un total de 24.000 €

A FGA acaba de facer público os criterios e cuantías que recibirán os atletas como axudas do ano 2023 e nas que se invertirán un total de 24.000 €

O baremo estabrece como liñas de axuda a participación ca Selección Galega Absoluta en todas as súas modalidades ( pista, campo a través, Trail running e combinadas) así como a participación individual en campionatos nacionais e internacionais.

Neste baremo, figura a presenza de máis de oitenta atletas quenes percibirán axudas en base aos méritos contraídos no ano 2023. Á cabeza da mesma figuran a presenza das atletas Adi Iglesias, Joselyn Brea, Belén Toimil e Adrián Ben.

O Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín non agochaba a súa satisfacción pola publicación do mesmo “Considero que esta liña de axudas supón un punto de inflexión na valoración do esforzo das nosas e nosos atletas galegos. Repartimos axudas a máis de 80 atletas entre os cales atópanse, non só  quenes amosan un rendemento e resultados destacados a nivel galego, nacional e internacional, senón os atletas que representan as nosas seleccións galegas, un aspecto que dende a miña entrada na presidencia da federación, desexei realzar e potenciar”

Sobre a continuidade destas axudas nas próximas tempadas Sanmartín afirmaba que “Esto é unha aposta firme polo atletismo galego e polos seus máximos representantes, que son os atletas. É o meu compromiso seguir traballando para aumentar estes recursos e así ampliar estas axudas a máis atletas e con maiores contías”  rematando por recoñecer todo o traballo do seu equipo na elaboración do mesmo “Quero destacar o traballo que se está facendo por parte da dirección técnica e polo resposable de seleccións, así como a dos adestradores e adestradoras e reponsables de sector”

CIRCULAR e RELACION