Entrega de trofeos aos gañadores da VIII Epic Race Pontevedra

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, fixo entrega de trofeos aos gañadores da VIII Epic Race Pontevedra.

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, fixo entrega de trofeos aos gañadores da VIII Epic Race Pontevedra, a grande cita galega coa ultrarresistencia en bicicleta de montaña que comezou onte e acaba de chegar ao seu fin na Praza de España de Pontevedra. 

Domínguez felicitou aos gañadores e tamén ás máis de 200 persoas participantes, “por ser quen de poñer a proba o mellor de cada unha delas nun evento deportivo que atravesou esta fin de semana diferentes contornas da provincia como a enseada de San Simón, o miradoiro da Fracha, as temas de Caldas, os muíños de Meaño ou os viñedos de Meis”. Tamén aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da institución provincial co deporte e con converter á provincia “no escenario de grandes eventos deportivos”.