Corenta equipos participan no Galician Rising Stars Cup

Presentación do Galician Rising Star.
O Galician Rising Stars. Este I Torneo Internacional de fúbtol 11 vaise celebrar dende mañá venres, 7 de xuño, nas instalacións deportivas Álvarez Durán, nas categorías cadete e infantil.

Tui vaise converter esta fin de semana no epicentro futbolístico da zona ao acoller o Galician Rising Stars. Este I Torneo Internacional de fúbtol 11 vaise celebrar dende mañá venres, 7 de xuño, nas instalacións deportivas Álvarez Durán, nas categorías cadete e infantil.

Participarán 40 equipos, xogaranse 76 partidos que sumarán 30 horas de deporte.

A presentación do torneo contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, do responsable do club organizador, José Luís Núñez, do presidente do Tyde F.C., David Domínguez.

Neste acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que ningún lugar mellor ca este para acoller este torneo internacional, tendo en conta o carácter transfronteirizo da cidade. Mentres o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, amouse orgulloso de poder acoller este evento, lembrando a aposta decidida que dende o Concello fan polo deporte, e convidando a asistir a este torneo.

Mañá venres a competición comezará ás 16.30 h e tanto o sábado coma o domingo será dende ás 9 h.

Os gañadores de cada categoría clasificaranse directamente para participar no Torneo MS2 CUP que se vai disputar na Madroa.