Club ponteareá de natación, primeiro clasificado no torneo por equipos

CNPonteareas faise co XXIII Trofeo Amizade de natación.

Unha intensa xornada de natación vivida na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino na que foi a primeira cita importante da tempada 2022-2023, que volve deixar patente o bo nivel de forma do club ponteareá, que quedou primeiro clasificado no torneo por equipos, seguido do CN Pabellón Ourense e o CN Galaico Pontevedra. Ademais, o premio Concello de Ponteareas á mellor nadadora por puntos FINA foi á deportista do club ponteareán Carla Carrón. Na categoría de mellor nadador masculino o trofeo foi para o integrante do CN Vigo Rías Baixas Mario Méndez.

.

Ponteareas volve deixar o seu nome por todo o alto a nivel deportivo. O Club Natación Ponteareas alzouse esta fin de semana co XXIII Trofeo da Amizade, que congregou a máis de 250 nadadoras e nadadores de alto nivel de 14 equipos de toda Galicia.

Unha intensa xornada de natación vivida na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino na que foi a primeira cita importante da tempada 2022-2023, que volve deixar patente o bo nivel de forma do club ponteareá, que quedou primeiro clasificado no torneo por equipos, seguido do CN Pabellón Ourense e o CN Galaico Pontevedra. Ademais, o premio Concello de Ponteareas á mellor nadadora por puntos FINA foi á deportista do club ponteareán Carla Carrón. Na categoría de mellor nadador masculino o trofeo foi para o integrante do CN Vigo Rías Baixas Mario Méndez.

Deste xeito, o CN Ponteareas arranca con moi bo pé unha ilusi

O CNPonteareas faise co XXIII Trofeo Amizade de natación.

onante tempada na que as e os competidores xa teñen a vista posta no campionato galego absoluto de inverno e na Copa España de clubs. Ademais, todas e todos os participantes no XXIII Trofeo Amizade amosaron un gran nivel de forma, baténdose varias mellores marcas galegas de idade. Coa grada repleta de público, o evento tamén foi transmitido en directo a través da canle de Youtube do club do Condado.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quixo transmitir unha vez máis ao club os seus parabéns e os da Corporación municipal, xa que “en cada competición nos demostran o seu alto nivel. Agárdanos unha tempada chea de boa e vistosa natación”.