Campionato Nacional de Liga con cinco equipos galegos
Logo de que fai unha semana se desenvolvera o Campionato Xunta de Galicia de Clubs co triunfo da Gimnástica de Pontevedra en ambas categorías, chega esta fin de semana toda a emoción e espectáculo dunha nova edición so Campionato Nacional de Liga na que tomarán parte un total de cinco equipos galegos.
En concreto na máxima categoría do atletismo español, a Divisón de Honra, tanto o Ría Ferrol en mulleres como Sociedad Gimnástica en homes, aspiran outro ano máis a permanecer neste selecto grupo de equipos composto por dazaséis formacións en cada categoría. Pola súa banda o Atletismo Femenino Celta e Sociedad Gimástica na categoría feminina e Real Club Celta na masculina, serán os nosos representantes na Primeira División.
Ría e Gimnástica a pola permanencia un ano máis
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra viaxa ata terras sorianas para tomar parte no seu cuadrangular que o enfrontará aos locais do Atletismo Numantino, Real Sociedad e Marathon A.D. A priori o equipo donostiarra, quen lograba o terceiro posto final na edición pasada, parte como favorito polo que os obxectivos estarán centrados na loita contra o difícil Atletismo Numantino pero sobre todo contra o equipo madrileño do Marathon A.D.
Pola súa contra o Ría Ferrol, que non chega no seu mellor momento (renunciaba fai unha semana a tomar parte no Campionato Galego de Clubs por varios casos COVID) tomará parte nunha fase tamén complicada no que se medirá ao At. San Sebastián e Grupompleo Pamblona, ambos por encima das ferrolás na clasificación final do ano pasado, polo que o obxectivo principal será superar canto menos, ao conxunto local do Super Amara Bat.
O ascenso a Honra será unha das metas dos conxuntos galegos en Primeira
Na primeira división masculina o Real Club Celta afronta a priori, un encontro accesible nas pistas salmatinas do Elmántico na que se medirá aos equipos de Bahía de Algeciras, Atlético Salamanca e CEA Tenerife a quenes xa superaba o ano pasado na clasificación xeral. Será novamente reto dos celestes, clasificarse para a fase de ascenso no último encontro de Liga.
Menos distancia terán que percorrer os dous equipos galegos femininos que tamén militan na primeira División Nacional, xa que o estadio pontevedrés do CGTD será quen de acollida a este primeiro encontro. Sobre o sintético pdo Lérez enfrontaranse por segunda vez en menos de dez días a Sociedad Gimástica e o Atletismo Femenino Celta que estarán acompañados polo Oviedo Atletismo e A.D.Marathon. É este último club precisamente o que parte como favorito logo de perder a categoría o ano pasado, polo que o conxunto asturiano pasa a ser o principal rival directo a batir dos clubs galegos.