Campionato de España máster en Estepona
Esta fin de semana un total de once atletas da nosa Comunidade tomarán parte no Campionato de España máster que sobre as modalidades de Combinadas, Pentatlón de Lanzamentos, Milla e 10.000 m. desenvolveranse conxuntamente na localidade malagueña de Estepona.
A ela acude unha representación do Club Atlética A Silva quen viaxa co seu presidente ao fronte da expedición. Precisamente Pepe Domínguez, tomará parte na modalidade de combinadas na M50 estando acompañado pola campioa de España María Abuín na categoría F60 na modalidade Pentatlon de lanzamentos e a campioa mundial de pista cuberta María de los Angles Rodríguez quen tomará parte en Heptatlon na categoría de F60.
No tocante a S.D. Compostela Atletismo viaxará de igual modo un dos seus responsables e especialista nas probas de ruta Amador Pena quen estará participando na M40, tanto sobre os 10.000 m. como sobre a milla. O especialista nas probas de ruta acudirá acompañado polo atleta da mesma entidade, Emilio García quen sobre a M45 verémolo na línea de saída da Milla.
O Samertolameu é outro dos conxuntos que envía representantes a esta cita nacional. En concreto será o campión de España en xavelina Javier Viteri na M60, quen esté concursando sobre o modalidade de Pentatlon de lanzamentos así como o plumarquista mundial de relevos Pablo Fervenza na M70 quen por partida dobre tomará parte na milla e nos 10.000 m.
A tamén multi plusmarquista mundial, e a nosa máis importante atleta máster femenina Esther Pedrosa, tomará a saída na proba da milla, distancia esta da que posúe do récord de España.
Por último o especialista máster das combinadas, Carlos Ferrer do Atletismo Narón, será outro dos que estén tomando parte neste nacional xunto ao atleta do ADAS CUPA Juan Miguel Maillo nos 10.000 m. na categoría M40. Xunto eles, a plusmarquista de España Emilia Mesa do Ourense Atletismo pechará esta participación galega competindo sobre o Pentatlón de lanzamentos na categoría M65.