O atletismo máster galego acude aos mundiais indoor

Esther Pedrosa.

Un total de dazanove atletas galegos e galegas da categoría máster, serán os que viaxen ata a localidade polaca de Torun, para participar no Campionato do Mundo de pista cuberta que se desenvolverá entre os días 26 de marzo e o día 1 de abril.

Entre a relación de inscritas destaca a presenza da plusmarquista e bicampioa mundial nos mundiais de Tampare Esther Pedrosa, que estará tomando parte sobre as probas de 800 m., 1500 m., 5.000 m. e cros na categoría  F60.

Juan Manuel Morales,

Xunto a atleta compostelán viaxará tamén outro bicampión mundial de aire libre M40, o marchador do Marineda Atlético Juan Manuel Morales que aspira a dous novos títulos mundiais que engadir ao seu impresionante palmarés. Do mesmo club estará na línea de saída dos 60 valos  o campión de Europa do ano 2018 Miguel López Cordal competindo na categoría M65.

De igual modo estaremos moi pendentes do que poida facer nos concursos F65 de xavelina e pentatlón a campioa mundial en Daegu-2017 Angeles Rodríguez de A Silva, sen esquecer a Miguel Gómez do Real Club Celta nos 200 m. M40 nin a Juan Luis Paz do Atletismo Narón nos valos e pentatlón M50, e que tan bó campionato de España máster desenvolveron recentemente.

Campionato mundial PC Máster