O atletismo galego base e máster enchen o circuito da Veronza no seu campionato de Galicia
O magnífico circuito da área recreativa da Veronza no Concello de Ribadavia ocollía novamente esta fin de semana unha intensa e importante actividade de campo a través na que se daban cita máis de 1200 atletas desde as categorías base ata as máster do noso deporte.
Os máis pequenos abriron a xornada ca disputa do Memorial Alejandro Lorenzo reservado para atletas as categorías Sub10, 12 e 14 que daban os primeiros triunfos na categoría Sub10 a Nadia Conejo do Trega e a Adrián Sacristán da Asociación Deportiva CAR. Por equipos o club ourensá de La Purísima resultaba gañador en ambas categorías.
Xa na categoría Sub12 foron Lena Curras do Vila de Cangas e Sergio Silva quenes se impuxeron sobre unha distancia de 1.300 m. logrando o triunfo por equipos a Atlética Lucense ne mulleres e o Atletismo Narón en homes
Por último, na categoría Sub14 Carmen Paz do Atletismo Noia lograba o triunfo en mulleres xunto a Enrique García-García da Gimnástica na categoría masculina, nunha proba na que por clubs novamente se impuxo a Atlética Lucense en ambas categorías
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E SUB18
Rematadas as xornadas do Memorial, foi o momento das carreiras Sub16 e Sub18 que viron como os principais favoritos, Sabela Castelo do San Miguel de Marín e Alex Sierpes do Trega, lograban un cómodo triunfo por diante de Sabela Martínez e Paula Fernández e de Roque González e Adrián Pérez quenes estarían no podio desta edición.
Algo máis axustado resultaría a carreira Sub18 nos postos de prata e bronce cunha chegada de foto finish entre Asheber Díaz e Teo de Frutos e na que finalmente o lucense lograba a prata. O título correspondeu a un triatleta, Lucas García do Ría de Foz, quen ratificaba en Ribadavia o seu excelente comezo de tempada como xa demostrara en Atapuerca. Nas mulleres impúxose Leya Villar do Orense Atletismo, entrando en postos de podio Sara Guedes da Atlética Lucense e Irea Adriana Alén do Cedeira Muebles García.
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER
A xornada de tarde daba continuidade a esta importante cita do campo a través ca disputa do campionato máster, na que por espazo de dúas horas e media estarían desenvolvéndose as distintas carreiras que deixaban no colectivo os triunfos do ADAS CUPA, o SD Compostela, O Atletismo Arenteiro, Esprintes Ourense e Verxel Nutrición Deportiva.
Na categoría individual, as campións e campioas galegas foron as seguintes:
- Máster 35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) e José Canda (At.Arenteiro)
- Máster 40. Iria Fernández (ADAS CUPA) e Amador Pena (SD Compostela)
- Máster 45. Mª Soledad Leiro (SM. Marín) e Juán Antonio Guede (Lucus CRG)
- Máster 50. Julia Vaquero (SD Compostela) e Elias S. Domínguez (F.San Lázaro)
- Máster 55. Soledad Castro (Comesaña SC) e José Suárez (C.A.Brion)
- Máster 60. Celina Rodríguez (Moraña en Ruta) e Saturnino González (Ourense At.)
- Máster 65. Begoña de Arriba (Egovarros) e Nemesio Gutiérrez (At. Friol)
- Máster 70. Xosé Lois Otero (C.A Santiago)