A media de federados e fedaradas dos clubs galegos sitúase nos 68 atletas
Segundo estudo e comparativas realizados con datos do ano 2021, a media do número de fichas dadas de alta polos clubs galegos durante o citado periodo, sitúase en 68 atletas dos cales 38 corresponderon á categoría masculina e 30 á femenina.
O estudo tamén arroxa un total de 10.141 fichas totais (5.628 homes e 4.513 mulleres) o que supón a cifra máis alta alcanzada en canto a afiliación, reafirmando a tendencia que desde o ano 2008 se ven observando de medre ininterrumpido.
En canto ao número de licenzas por clubs dunha relación de 146 entidades, é o Club Atletismo Sada cun total de 441 (217H/224M) o club que máis número de atletas federados ten, seguido no top5 polo Club Deportivo La Purísima de Ourense con 413 (213H/213M) ; Escola Atlética Lucense con 360 (190H/170M) ; Club Ourense Atletismo con 346 (184H/182M) e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 338 (194H/144M).
Como dato apuntar que o número de atletas independentes que tramitaron ficha foi de 182 e que o club non galego con máis fichas de atletas da nosa comunidade foi o Playas de Castellón cun total de 11 licenzas.
De igual modo é destacado a cifra das fichas de día que se tramitaron nas probas básicamente de ruta, e cuxo número roldou as 65.000.